Carriola. Redacción.26.11.24.

El salón de Plenos del Concello acogió el acto institucional con el que culminó el programa desarrollado en los últimos días por el 25N, fecha contra la Violencia de Genero y contó con la asistencia de miembros de la corporación, jefes de las policías Local y Nacional y representantes de diversas asociaciones de la localidad

Empezó el acto con un minuto de silencio luego de que la alcaldesa María Ramallo encargada de abrirlo, hiciera mención al asesinato de la joven de 15 años de Orihuela a manos de su ex novio de 17 en tan significativa jornada precisamente contra la violencia de género. Todos los asistentes, puestos en pie, guardaron el respetuoso minuto de silencio propuesto por la regidora municipal.
Agradecimiento por la asistencia
María Ramallo tras el minuto de silencio tomó la palabra para agradecer la presencia de todas las personas y autoridades en la sala tras lo que manifestó “O 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, un acto de respecto e apoio a todas aquelas mulleres e ás súas familias que padecen as consecuencias desta terrible lacra. Debemos continuar traballando arreo para eliminar esta inxustiza que limita os dereitos fundamentais das mulleres. Este ano en Galicia producíronse 4 feminicidios por esta causa, dato insoportable que golpea á nosa sociedade galega e que debemos combater con todas as nosas ferramentas”.
Ramallo hizo un llamamiento a la intensificación de “A educación en igualdade, a sensibilización e a prevención contra a violencia de xénero que son accións necesarias que transforman a sociedade, nunha 1sociedade libre, igualitaria e xusta” - dijo
Declaración Institucional
La alcaldesa dio paso a continuación a la lectura de la Declaración Institucional contra a Violencia de Xénero, que estuvo a cargo de

Melisa Piñeiro Rego, Presidenta de la Asociación Veciñal Santa María do Campo, que lo hizo como membro del Consello Municipal da Muller.
A continuación y dada la importancia de su contenido, reproducimos íntegramente el texto leído que a propuesta del Consello Municipal fue aprobado por la Corporación en su día:
“O 25 de novembro conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Esta data lémbranos que as mulleres continúan padecendo as consecuencias dunha violencia, moitas veces silenciosa e que non transcende, pero que segue sendo unha lacra social. En España 39 mulleres foron asasinadas por violencia de xénero, 10 menores por violencia vicaria e un total de 26 quedaron sen a súa nai. En Marín, actualmente hai 48 casos activos no sistema VioXen da Policía Nacional, das cales, 21 dispoñen dun teléfono de atención e protección as 24 horas do día.
A violencia machista é un problema estrutural que afecta a toda a sociedade. Para seguir no camiño de combatela, os homes deben rexeitar os modelos de masculinidade que perpetúan o dominio sobre as mulleres e comprometerse a vivir unha masculinidade igualitaria, na que os roles de xénero non estean predeterminados e que os coidados, a expresión das emocións e outras cuestións non sexan exclusivas da muller, senón tamén responsabilidade dos homes. Toda a sociedade debe estar implicada en acadar a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres:
As familias, as escolas e as ANPAS deben responsabilizarse en transmitir unha educación emocional e igualitaria na primeira infancia, para dotar de ferramentas útiles na construción de persoas libres. A cidadanía debe loitar contra mensaxes extremas que ás veces ocupan o discurso público, que son absolutamente contrarias aos valores da igualdade e que desvirtúan o concepto de violencia de xénero, baseado no exercicio da discriminación, a desigualdade e as relacións de poder dos homes sobre as mulleres.
Temos que ser conscientes dos problemas actuais aos que está exposta a mocidade: o inicio temperán no consumo de alcol, tabaco e drogas ou o acceso incipiente á pornografía, a través das novas tecnoloxías son factores de risco, unidos á tremenda presión e novas formas de violencia que se exercen nas redes sociais, especialmente durante a adolescencia. Estas cuestións deben ser atalladas con medidas preventivas, formativas e de sensibilización.
No tratamento das noticias sobre casos de violencia de xénero, os medios de comunicación deberán protexer sempre a identidade da vítima e a da súa contorna e por o foco no agresor, que é quen exerce violencia. Son útiles como canles de información sobre os recursos públicos que existen para atallar este problema. Polo que, cremos indispensable a súa colaboración na loita conxunta para acabar coas desigualdades.
Dende os clubs deportivos, que sitúan o deporte como eixe vertebral das vidas de moitas nenas e nenos, deben transmitirse valores igualitarios e non violentos, amosando o seu apoio a iniciativas que traballan en prol da igualdade entre mulleres e homes.
Debemos facer uso de todos os recursos necesarios para eliminar esta terrible lacra que continúa vulnerando os dereitos fundamentais das mulleres sen distinción de raza, relixión, idade, clase social ou cultura.
Con esta declaración asumimos o noso compromiso real na loita contra a violencia machista. Manifestamos o noso rotundo rexeitamento e comprometémonos a seguir mobilizando recursos para abordar a violencia de xénero con accións responsables, apoiando e promovendo iniciativas efectivas para conseguilo” .
Premios Municipales “Lazo Violeta”
Tras la lectura del manifiesto, se procedió por la alcaldesa a la entrega de los “Premios Lazo Violeta”, creados, según explicó la regidora, “No ano 2010 para dar visibilidade a entidades e persoas que co seu traballo contribuíron a fomentar a igualdade e a loita contra a violencia de xénero”, y añadió, “Quixera aproveitar a ocasión para agradecer ás persoas e institucións premiadas o seu labor constante no eido da igualdade e achegar forza a todas elas, para seguir avanzando na procura dunha sociedade sen violencia de xénero”.
“Este ano, continuó María Ramallo, o Consello Municipal da Muller por unanimidade decidiu outorgar un Premio Lazo Violeta á Quenda de garda psicolóxica e especializada de urxencia para mulleres e os seus fillos e fillas menores en situación de violencia de xénero”, da Xunta de Galicia en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, polo seu labor e dedicación na atención urxente en casos de violencia de xénero e a súa inestimable coordinación cos servizos que traballan neste eido, e a Anibal Aguiar Villar, policía nacional ao que lle chega o momento da súa xubilación despois de estar na comisaría de Marín desde o ano 1991 traballando en asuntos de violencia de xénero e familiar desde 2013 ao que lle queremos agreadecer con este recoñecemnto toda a súa traxectoaira comparte desta unidade”.


Momento de las entrregas de los premios otorgados
Y un oportuno premio especial

La alcaldesa quiso aprovechar la ocasión para hacer también entrega de un premio con la imgen del CIM, a María Teresa Pérez Couselo, “Teté”, trabajadora social de los Servicios MUnicipales del concello marinense desde hace 39 años y a punto de jubilarse después de haber realizado una gran labor al frente de ese departamento municipal “Desexámoste con todo cariño que desfrutes desta nova etapa e queremos facerte un sentido recoñecemento polo teu labor de tantos anos ao fronte dun servizo tan esencial para as persoas como son os Servizos Sociais Municipais”.
Calendario

El acto finalizó con la entrega de los calendarios editados por el concello con las ilustraciones de Muxote cuyo título es “Vivir” y cuyas ilustraciones están expuestas en la planta baja del concello ante la escalinata principal