The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG denuncia a perda dunha subvención de 64.795 euros para a piscina municipal por neglixencia do goberno do PP

Carriola. Celia García Santomé (*) .29.11.24.

julio@carriola.es.

Lamentamos a perda dunha axuda de 64.795,50 euros para climatizar a piscina municipal de Marín que foi desestimada por un erro administrativo do goberno local do PP o que representa unha oportunidade perdida para mellorar as instalacións.

Celia García Santomé

No Bloque Nacionalista Galego (BNG) lamentamos profundamente a perda dunha subvención de 64.795,50 euros, parte dos máis de 138.000 euros que a Deputación de Pontevedra asignou ao Concello de Marín a través do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivasm axuda, destinada á instalación dun sistema de climatización na piscina municipal que foi desestimada pola Deputación debido á falta de documentación esencial por parte do goberno local do Partido Popular (PP).

Na solicitude presentada o 22 de marzo de 2024 para acceder a esta subvención, o goberno local incluíu unicamente unha estimación económica, omitindo o informe técnico obrigatorio, tal como esixían as bases reguladoras do plan. Este erro administrativo básico levou á inmediata desestimación da subvención.

Lamentamos este episodio no último pleno municipal celebrado o 14 de Novembro, porque se trata dun erro evitable que ten consecuencias negativas para a veciñanza e resulta incomprensible que non se presentase un informe técnico, algo necesario para cumprir coas bases reguladoras. Esta situación impide melloras importantes para as instalacións deportivas municipais, que precisan dunha intervención urxente.

A piscina municipal continúa sen ventilación axeitada, dependendo de ventiladores rudimentarios que dificultan gravemente á práctica deportiva. Este desleixo administrativo é un reflexo da falta de compromiso do PP coas necesidades de Marín. Mentres, é a veciñanza quen sofre as consecuencias dunha xestión incompetente.

Desde o BNG instamos ao goberno municipal a asumir responsabilidades e tomar medidas para evitar que erros deste tipo volvan repetirse.

(*) Celia García Santomé é Concelleira do Grupo Municipal do BNG.