Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Rede Eurovello

Carriola. JEDR.15.12.24.

julio@carriola.es.

MARIN, PONTEVEDRA E O MORRAZO INCLUIDOS NA REDE EUROVELO: UNHA MOI BOA NOVA QUE PASA DESAPERCIBIDA

Penso que unha das primeiras persoas que utilizou en Marín a bicicleta como método de paseo e transporte foi José Echegaray. Do libro de Manuel Cendán: "Echegaray recibe en 1895 a bicicleta de regalo do seu amigo Rosendo Bordalba coa que desfrutaba os desprazamentos nas praias, arredores de Marín e Pontevedra". Desde aquela o uso deste vehículo pasou por épocas de éxito, ostracismo, e agora coa nova mobilidade a nivel europeo unha forte recuperación dependendo da aposta política de cada cidade.  

En Marín, durante anos tentamos conseguir que mais xente utilizase a bicicleta como modo de desprazamento, xeito de facer deporte e cultura. Especialmente o Clube Ciclista Marín, cos diferentes directivos que participaron nas Ciclomarchas o longo de 40 anos....e diferentes activistas propoñendo opcións, como o que escribe.  

Pero o resultado de todos estes esforzos, a nivel de uso estatístico nos desprazamentos en bici na Vila, é de un absoluto fracaso. A onda transformadora da mobilidade que se está producindo a nivel europeo nos procesos de peonalización e uso da bici, non inmutan a nosa Vila: "inasequible al desaliento". Algún exemplo, ir o edificio mais administrativo e espazo de encontro político de Marín, o Concello, resulta complicado en bicicleta. Nin un pequeno aparcabicis diante do edificio. Falar do deseño e estado dos carrís bicis na Vila causa tristeza e non resiste unha mínima análese.  

Pero como acostuma a dicirse: "si Mahoma non vai a Montaña, a montaña vai a Mahoma...." E quedábanos a "xustiza poética" da "Europeización" que ironizaba Unamuno: Europa ven de responder favorablemente a que ó espazo entre Tui e Santiago se integre nas rutas "Eurovelo". As Rutas Eurovelo son un extraordinario plan Europeo de 90.000 kilómetros, para propoñer rutas continuas atravesando Vilas e países europeos en bicicleta. E voilà a casualidade: a ruta Eurovelo 1, chamada "Ruta Atlántica" que parte do Norte de Noruega ata Santiago con 11.000 kilómetros pasa polo Morrazo e Pontevedra, e como estamos no medio, tamén por Marín. Así que a anciana Vila marinense "irreductible no seu  intento de suicidarse sen conseguilo"....está dentro dunha ruta ciclista que interconecta centos de Vilas Atlánticas europeas e que propón a relación de cidadáns no espazo que habitamos, mais alá de limites e liortas absurdas entre Vilas e países.  

Entón, o Concello, (que lóxicamente xa o debería ter feito sen esta inclusión, pero é moito pedir), pode agora aproveitar esta boa nova, e favorecer a recuperación de espazos privativos en Marín, arranxar onde a ruta nos atravesa, millorar a sinaléptica, recuperar os carrís bici e prolongalos coordinado cos concellos limítrofes sen minifundismos localistas, tentar liderar un concepto cidade bike friendly, favorecer o uso da bici nos desprazamentos e no comercio local....pero: a que nin con esta boa nova nos imos sentir interpelados?

 

roslev