Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Iago Villanueva Pérez e Martín Freire González entre os alumnos “Premios Extraordinarios” da Xunta de Galicia

 Carriola. Xunta de Galicia.16.12.24.

julio@carriola.es.

Para optar ao premio debían contar cunha nota media na etapa igual ou superior a 8,75 puntos e superar unha proba presencial específica Cada un deles recibe un galardón económico de 1.000€ e un diploma acreditativo

Dous alumnos dos institutos marinenses “Illa de Tambo” y “Chan do Monte, conseguiron sendos premios da Xunta de Galicia entre os 20 estudiantes de segundo  de bacharelato no curso 23-24. Tràtase de Iago Villanueva Pérez, do Instituto Illa de Tambo e Martín Freire González, do “Chan do Monte” dos que a Xunta de Galicia vén de recoñecer a excelencia académica, galardónque  ten como obxectivo valorar os méritos excepcionais acadados grazas ao esforzo e traballo dos estudantes, que completaron esta etapa educativa cun destacado rendemento académico.

Méritos 

Para optar ao premio, convocado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, os candidatos debían ter unha nota media igual ou superior a 8,75 puntos no Bacharelato. Ademais, os aspirantes tiveron que superar unha proba presencial que se dividiu en dúas partes:

* A primeira parte centrouse nunha análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico, científico ou literario, así como a resposta a cuestións culturais ou lingüísticas sobre un texto na primeira lingua estranxeira II cursada polo alumnado como materia común do Bacharelato.

* A segunda parte consistiu no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións ou exercicios prácticos dunha materia de modalidade cursada polo alumnado, a elixir entre Ciencias Xerais, Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Debuxo Artístico II, Análise Musical II e Artes Escénicas II.

Cada un dos galardoados recibirá un incentivo económico de 1.000€ e un diploma acreditativo. A distinción será reflectida tamén nas certificacións académicas dos estudantes premiados.

A relación de premiados pode consultarse no seguinte cadro:

Concello

Centro educativo

Persoa premiada

A Coruña

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

Alfonso Trillo Reboredo

A Coruña

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

Carlota Lago García

A Coruña

CPR Plurilingüe Santa María del Mar

Mateo García Casanova

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Jorge Sánchez Mouzo

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Sofía Martínez Diz-Lois

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

Santiago Vilas Subirán

A Coruña

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda

María Carpente Carpente

As Pontes de García Rodríguez

IES Moncho Valcarce

Antón de la Fuente Vivero

Lugo

IES Xoán Montes

Antía Miragaya Vázquez

Lugo

IES Leiras Pulpeiro

Rosalía Bernárdez Riopedre

Marín

IES Chan do Monte

Martín Freire González

Marín

IES Illa de Tambo

Iago Villanueva Pérez

Ourense

CPR Plurilingüe María Auxiliadora

Félix Benito Martínez

Pontevedra

IES Gonzalo Torrente Ballester

Miguel Bouzas Rodríguez

Pontevedra

IES Sánchez Cantón

Óscar Antonio Baltar Torres

Santiago de Compostela

IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Ana Rosende Piñeiro

Santiago de Compostela

CPR Manuel Peleteiro

Ignacio Uribarri González

Santiago de Compostela

CPR Plurilingüe La Salle

Patricia Bao Vázquez

Santiago de Compostela

IES de Sar

 

Alba Graña Rodríguez

Soutomaior

IES de Soutomaior

Lucía Castrillo Sánchez

 

 

roslev