Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Museo Torres fai un positivo balance da súa actividade ao longo do ano 2024

Carriola. Redacción.04.01.25.

julio@carriola.es.

O Museo Manuel Torres fai mediante un comunicado, un percorrido pola súa actividade desenrolada ao longo do ano 2024 considerando moi positivo o contido das actividades alí levadas a cabo. “Durante este ano - indica  a nota - o museo seguiu traballando para ser un referente cultural, acollendo exposicións, conferencias, presentacións de libros, xornadas formativas e eventos que atraeran a milleiros de visitantes e participantes. 

Itciar Álvarez é a concelleira comisaria do Museo Torres

E desde o propio Museo presentase esta relación resumo das principais actividades levadas a cabo durante o ano:

Xaneiro:

O ano comezou coa inauguración da exposición “Berce de Vida”, unha viaxe á natureza da man de Afundación. O 12 de xaneiro, presentouse o poemario Placebo de Benito Piñeiro, e o 30 de xaneiro, a conferencia “Castelao e o Museo de Pontevedra”, a cargo de Ángeles Tilve Jar, directora do Museo de Pontevedra, profundizou na relación do artista co museo provincial.

Febreiro:

a Camelia ten a súa casa no Museo Torres

Este mes contou con varias visitas educativas, incluídas as do IES Mestre Landín e a Escola de Capataces Forestais de Lourizán, así como a inauguración da exposición “Viaxe polo mundo da camelia” (6 de febreiro), que explorou a beleza e a tradición desta flor na nosa zona e serviu como aperitivo da gran exposición Camelias e Mar, un clásico do Museo Torres. Tamén se realizaron conferencias sobre temas diversos como o Entroido e a importancia da educación emocional.

Marzo:

O Museo celebrou o Día da Muller con diversos actos conmemorativos, destacando a importancia das mulleres traballadoras na nosa sociedade. Durante este mes tamén tivo lugar o Concurso de Pintura de OPROMAR e a presentación de varios libros, como “Detrás de una sonrisa”, tratando la esclerosis múltiple.

Abril:

Entre as actividades máis destacadas estivo a inauguración da exposición “Artista Marinense do Ano 2024” dedicada a Alfonso Sola. Ademais, houbo charlas e conferencias sobre saúde e literatura, como a de “Apálpate” sobre o cancro de mama, en colaboración con ADICAM e “Que miras?” de Fernando Salgado Varela.

Maio:

O mes comezou coa inauguración da exposición “Insercións” de Xulio Gil (8 de maio), seguida dunha conferencia sobre a hiperprotección infantil impartida por Eva Millet (9 de maio). Celebráronse tamén o Día das Letras Galegas, cun curso de lettering e a entrega do XXII Premio de Poesía do Concello de Marín.

Xuño:

En xuño inaugurouse a exposición Pontemateria-Marinarte (5 de xuño) e presentáronse libros como “Cristobal Colón: Un gallego na Corte dos Reis Católicos” (13 de xuño). Ademais, o noso museo foi escenario de actividades dirixidas a escolares, como as visitas dos estudantes do Concello de Vilaboa.

Xullo e Agosto:

O Museo acolleu varias exposicións, destacando a Mostra de manualidades das asociacións San Xosé de Cantodarea e Virxe do Porto (5 de xullo) e a mostra de “Elvira Martínez”, organizada pola Asociación Cultural Céltica (19 de xullo) e que foi clausurada en agosto.

Setembro:

Setembro comezou cunha exposición conxunta de Laura Romero e os alumnos da Academia O Roibén (4 de setembro), ademais da presentación do libro “Mi última travesía”, de Francisco F. Morales (5 de setembro). O mes tamén acolleu unha charla sobre ansiedade e relacións tóxicas, coa doutora María Elisa Castiñeira Oubiña (18 de setembro).

Outubro:

O mes de outubro estivo marcado pola inauguración da exposición pola conmemoración do 30 aniversario do Coro de Cámara Thalassa (16 de outubro) e a presentación do libro sobre Alexandre Bóveda, “Lume vivo”, de Xan Leira (18 de outubro). Tamén ofrecéronse formacións e charlas sobre dixitalización e envellecemento activo.

Novembro:

En novembro, o Museo foi escenario de conferencias de gran relevancia, como a de Emilio Pérez Touriño sobre as transformacións económicas e sociais de Galicia (8 de novembro), e a charla sobre a contribución da figura de Carlos Paratcha ao patrimonio arqueolóxico de Marín (12 de novembro). Ademais, celebráronse diversas xornadas formativas, inauguráronse exposicións como a de Gabriel Barros (15 de novembro) e todos os actos polo 25N, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, consistentes nunhas xornadas profesionais e na charla da divulgadora feminista Sindy Takanashi, moderada pola xornalista e escritora Diana Lovar (21 de novembro).

Decembro:

O peche do ano estivo protagonizado pola inauguración da exposición da academia Cousa Feita (4 de decembro) e varias actividades dentro do programa Nadal Marín 2024, como as Ludoxornadas (13 e 15 de decembro), que atraeran a numerosos nenos e familias ao Museo.

O Festival de cine "John Balan Fest" celebrou a gala final no Museo

Así, ao longo de 2024, o Museo de Marín foi un punto de encontro cultural para a cidadanía, proporcionando un espazo de reflexión, aprendizaxe e desfrute para todas as idades. Desde exposicións de arte contemporáneo ata conferencias sobre patrimonio, saúde, literatura e emprendemento, o museo soubo adaptarse aos intereses e necesidades da súa comunidade.

De cara ao futuro, agárdase que o Museo siga contando cunha vida cultural activa e xa pronto, pasadas as festas de Nadal, anunciarase a quen se lle adicará o Artista Marinense do Ano 2025

 

roslev