Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Conselleira de Política Social, Fabiola García, visita coa Alcaldesa o Centro de Servicios Sociais do concello de Marín

Carriola. Cons.Pol.Social.08.01.25.

julio@carriola.es.

A Xunta apoia aos concellos para financiar os seus servicios sociais e de inclusión con 17 millóne de euros.A maior contía do Plan Concertado diríxese a sufragar a contratación de máis de 800 profesionais, entre traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías. Estas subvencións tamén contribúen ao desenvolvemento duns 200 programas de interese social en toda Galicia. Na provincia de Pontevedra o investimento ascende a 4,5M€,  preto dun 30% máis que o ano anterior

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, avanzou onte que a Xunta de Galicia concede aos concellos subvencións por valor de 17M€ para financiar os seus servizos sociais municipais a través do Plan Concertado. Estas achegas axudan ás entidades locais a sufragar a contratación de persoal, os custos do Servizo de Axuda no Fogar Básico, programas de interese social no ámbito da inclusión e o mantemento de centros de emerxencia social.

Así o destacou durante a visita que realizou na mañá de onte ao centro social do Concello de Marín. No acto, no que estivo acompañada pola alcaldesa, María Ramallo, destacou que Marín recibiu máis de 92.000 euros a través do Plan Concertado, que se destinará principalmente ao reforzo do persoal de servizos sociais e á posta en marcha dun novo programa básico de inserción social. A conselleira destacou que na provincia de Pontevedra o investimento ascende a 4,5M€,  preto dun 30% máis que o ano anterior.

Fabiola García fixo fincapé no “esforzo importante e necesario” que fai a Xunta para axudar aos concellos na tarefa de manter e despregar os seus servizos sociais de carácter municipal. Nesta liña, agradeceu o traballo realizado polas entidades locais e a súa disposición a traballar man con man en favor da inclusión social.

Contratación de profesionais

A partida máis importante do Plan Concertado deste ano é a dirixida a axudar a financiar postos de traballo adscritos aos servizos sociais comunitarios, un total de 13,7M€. Esta contía supón un incremento de 300.000 euros con respecto ao ano anterior e permitiu apoiar a contratación de 832 profesionais: traballadores sociais, educadores sociais, auxiliares administrativos e outras categorías.

O Executivo autonómico tamén axuda ás corporacións locais con 2,3M€ para que leven a cabo programas sociais e apoiar o funcionamento dos centros de emerxencia para persoas en situación ou risco de exclusión. Con este importe fináncianse 194 programas en concellos das catro provincias.

Por último, o Plan Concertado inclúe unha partida económica de 865.000 euros para o financiamento do SAF Básico e outra de 326.000 euros para reforzar os equipos de atención á infancia e á familia dos servizos sociais municipais.

roslev