Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Eusebio Rivero Veiga designado "Artista Marinense do Ano" polo concello, expoñerá no museo Torres en febreiro

Carriola. Concello de Marín(*).11.01.25.

julio@carriola.es.

O 2025 terá o nome de Eusebio Rivero Veiga no que a arte se refire. O artista marinense, natural da parroquia de Cantodarea, será nomeado Artista Marinense do Ano, un distintivo que se leva impulsando xa varios anos desde o Concello de Marín para poñer en valor as traxectorias daqueles artistas con ADN marinense que nos colocan no mapa.

O nomeamento, proposto polo Concello e o comisario da exposición, o pintor Antón Sobral, farase efectivo o día da inauguración da exposición de Rivero no Museo Municipal Manuel Torres, que se inaugurará a mediados do mes de febreiro e poderá desfrutarse durante un mes.

Natural de Cantodarea, Rivero traerá ao Museo Torres no mes de febreiro unha exposición pensada ex profeso para este nomeamento, coa que quere transmitir un discurso duro e real baseado na poesía material

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Salamanca, Eusebio Rivero conta cunha longa traxectoria plástica, con numerosas exposicións, premios e recoñecementos, como o de Xóvenes Valores da Bienal de Pontevedra ou o Pintor Laxeiro, de Lalín, entre outros. Ademais de artista, é docente de Ensinanza Secundaria e Bacharelato.

Na mostra que se poderá ver no Museo, concebida ex profeso para esta ocasión, mostrará unhas pezas que se caracterizan pola súa simplicidade plástiva e a súa complexidade formal, cun discurso crudo, duro, dunha realidade que transforma en poesía material, nunha colección que posee unha estética fácil, coa que defende unha aproximación ética ao mundo que nos arrodea. Sen encorsetarse en ningunha técnica artística, incluso sen manter unha mesma disciplina (escultura, debuxo, instalación…), dálle utilidade a todas as pezas para articular un discurso propio, que serve para facernos reflexionar como espectadores-actores.

 

Tal e como o propio artista explica, “os obxectos que mostro non buscan a eternidade, senón que pretenden abrir un espazo para a reflexión, rompendo a idea de obras que o imaxinario colectivo non considera creacións propiamente artísticas, poñendo así en xogo a creación puramente estética e presentando a obra artística como un obxecto descontextualizado capaz de reflectir un pensamento”.

Outros artistas do ano anteriores

Ademais da mostra, editarase un catálogo como conmemoración do nomeamento de Rivero como Artista Marinense do Ano, sumándose con este galardón a outros nomes da cultura marinense como Ánxeles Iglesias (2014), Antón Sobral (2015), Celeste Garrido (2016),Miguel Villanueva (2017), Katsumi Yamaguchi (2018), Ramón Lorda “Deside” (2019), Rosa Crespo (2020), Xaquín Soneira (2022), Belén Diz Juncal (2023) e Alfonso Sola (2024

(*) Texto e fotos remitidas polo Concello

roslev