Carriola.Redacción. 11.04.25
A Unidade Móbil de Doación de Sangue visita unha vez máis o municipio de Marín onde se apostará no recinto da alameda Rosalía de Castro á espera da aportación que fagan os veciños e visitantes que suban ao autobús que ven sendo unha unidade especialmente importante para surtir aos hospitais galegos do preciado líquido que pode salvar moitas vidas gracias a xenerosidade das persoas que superan as barreiras que lle impón a práctica da donación (todo é a primeira impresión) e posibilitan o almacenaxe de sangue co que atender operacións quirúrxicas, transfusións y tamén accidentes de todo tipo cuias víctimas a precisan.
Condicións a er en conta
Hay que ter como mìnimo 18 anos e 50 kg.s de peso e, no caso de que o potencial donante teña algún tratamento de medicación deberá informar ao equipo da unidade aportando no posible o informe médico oprtuno.
O horario de donación é, pola mañán, de 9,30 a 14,30 e pola tarde, de 15,30 a 21 horas. As persoas que queiran ofrecer a súa solidaridade, deberán facelo dúas horas despois de xantar e, aquelas que dispoñan de tarxeta de doación deberán presenteala ou, no seu caso, o DNI.
Un pouco de sangue de cada un pode ser, ao remate do día, unha reserva importante para o cometido da unidade móbil que esperará na Alameda.