Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín será a “Vila do Libro” entre o 16 e o 18 de maio dats en torno ao Día das Letras Galegas

Carriola.Concello (R). 24.04.25

julio@carriola.es

A localidade acollerá o festival literario entre o 16 e o 18 de maio. O programa completo, que tamén renderá homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, será anunciado proximamente

Comezou a conta atrás para que o Concello de Marín se converta en ‘Vila do Libro’ na fin de semana do 16 e o 18 de maio de 2025, coincidindo coa celebración das Letras Galegas. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, e a concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, veñen de facer público o cartel oficial do festival literario que transformará espazos emblemáticos do municipio en librerías temporais, sedes culturais e que ambientará temáticamente as rúas da localidade. O entorno da Alameda Rosalía de Castro, a Rúa Real, o adro do Templo Vello e a Rúa do Sol (que constitúen o corazón do casco histórico marinense) serán os escenarios elixidos para o evento.

Programa intenso e culturalmente variado

Esta será a primeira edición de ‘Marín, Vila do Libro’, que posicionará á localidade como un referente cultural a través dun programa que inclúe encontros con autores e autoras, mesas redondas, recitais de poesía, música e arte, así como actividades para todos os públicos deseñadas para mergullarse na literatura. O festival literario comezou o seu percorrido en Galicia da man do Concello de Pontedeume o verán de 2024.

Dende o Executivo local, a alcaldesa María Ramallo destacou que esta proposta “é unha firme aposta do Concello de Marín pola dinamización cultural e social da localidade, representando o compromiso do equipo de Goberno coa cultura e a defensa da literatura, que en Marín temos moita”.

A carrexadora de “libros, emblema do cartel

Na imaxe que acompañará a Marín Vila do Libro son moitas as referencias propias á vida cultural e popular de Marín, pero destaca unha delas sobre as demais. “A carrexadora é, probablemente, unha das enseñas da nosa identidade mariñeira, pero desta vez leva na súa cesta libros, é dicir, coñecemento e cultura, que é o que queremos esparexer por todo o municipio”, engadiu a rexedora.

O Labirinto de Mogor, elemento único dos petróglifos marinenses, decora o manto da carrexadora, que tamén está acompañada de peixes e un polbo Castelao, en referencia ao Ano Castelao que se lle adica a un dos maiores referentes das letras e artes galegas, así como dunha cantareira e da clásica pandeireta que acompaña musicalmente o seu aturuxo.

Proximamente, presentarase o programa completo desta iniciativa cultural, na que haberá unha especial homenaxe ás cantareiras e á poesía popular, protagonistas do Día das Letras Galegas 2025. O evento constituirá un circuíto cultural para reivindicar a literatura e tamén a historia dos oficios do libro.

É, por tanto, un impulso ao turismo cultural e literario, que ademais promoverá a promoción de manifestacións artísticas e literarias diversas. Asemade, dende ‘Marín, Vila do Libro’ implicarase de forma moi activa ao comercio local e a outros sectores produtivos e sociais da localidade, fomentando a colaboración con editoriais, centros educativos e agrupacións sociais, entre outros.

roslev