Carriola.Redacción. 26.04.25
O Ateneo Santa Cecilia organiza este ano un acto especial para celebrar o Día das Letras Galegas na data víspera do 17 de maio cun concerto no que intervirá a agrupación “Ferriñas” (pandereteiras e cantareiras) e no transcurso do cal farase entrega dos promios do concurso literario convocado polo propio Ateneo “Marín Conta”.

O acto, presentado onte pola directiva do Ateneo, terá lugar ás oito da tarde no paraninfo do Instituto Illa de Tambo con entrada libre .
O prazo de recepción dos traballos remata o próximo luns ás 20:00 horas .
O concurso “Marín Conta” ten como límite de entrega dos traballos ata o próximo luns día 28 e apartir desa data o xurado calificador examinará todos eles para deerminar os gañadores que coñecerán o resultado o mércores 14 de maio cando se darán a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso (Primaria, ESO e Bacharelato/FP).
PREMIOS POR CATEGORÍAS
Establécense tres premios por cada categoría:
✓ Primaria A (1º, 2º e 3º)
1º premio: 60€
2º premio: 40€
3º premio: 30€
✓ Primaria B (4º, 5º e 6º)
1º premio: 70€
2º premio: 50€
3º premio: 40€
✓ ESO
1º premio: 80€
2º premio: 60€
3º premio: 50€
❖ OS PREMIOS PODERÁN CANXEARSE EN CALQUERA LIBRERÍA DE MARÍN
Todos/as os/as finalistas recibirán asemade, un diploma acreditativo da súa participación.
Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación así como a difusión da autoría do texto e a imaxe do seu autor/a. O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados ao concurso.
Os/as autores/as, polo feito de participar neste certame, aceptan as presentes bases así coma o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do xurado. O incumprimento de calquera dos puntos das bases descalificará, de inmediato, o traballo presentado.