Carriola.Redacción. 28.04.25
O próximo día 1 terá lugar a tradicional “Festa dos Maios” sendo como é Marín unha das localidades que ten maior tradición na celebración desta ancestral manifestación cultural ligada aos tempos do ano e principalmente cos motivos agrícolas e, en xeral, a primaveira
E o principal acto será o concurso que se celebrará na Praza do Reloxo, como é tradicional ainda que en algúns anos cambiouse o emplazamento a Alameda onde sí terán que concentrarse maios e barcos polo mediodía momento en que o xurado valorará os apartados de construcción, coroa e letra quedando, para o momento do concurso, a da interpretación.
Dez grupos inscritos
Serán dez os grupos que participarán no concurso seis deles maios y catro barcos co que se nota unha certa redución de participantes con respecto a outros anos.
Todos eles, segundo indican as bases, terán que presentarse na alameda Rosalía de Castro ás doce e media da mañá onde poderán cantar as coplas que presentan e, xa pola tarde, ás cinco, na Praza do Reloxo onde terá lugar o concurso propiamente dito onde cantarán un máximo de catro estrofas da súa copla para facer máis lixeira a súa celebración.
Haberá premios para os catro apartados; letra, construcción, coroa e interpretación, e tres premios en cada caso pero todos os grupos recibirán unha axuda polo feito de participar na festa, ademáis da consabida rosca e no seu caso algunhas lambonadas para compartir na merenda.