Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O “Maio do Campo” e a embarcación “Mil Primaveras” gañadores do concurso celebrado onte en Marín

Carriola.Redacción. 02.32.25

julio@carriola.es

A festa dos Maios celebrado onte aproveitando o estupendo día climatolóxico que axudou, resultou vistosa a pesar de que faltaron algúns grupos habituais por diversos motivos. Durante a mañá fixeron unha irregular concentración porque algúns maios cantaron varias veces na alameda pero outros tiveron unha escasa participación neste tramo do día, e pola tarde competiron no concurso celebrado na praza do Reloxo

Dez agrupacións, seis delas maios e o rsto barcos, presentàronse tal como estaba nunciado na prazá do Reloxo onde, as cinco en punto iniciáronse as actuacións, momento en que o xurado, composto por membros dos grupos politicos do Concello e persoas designadas polo Ateneo, foi calibrando a interpretación dos rapaces e rapazas xa que os apartados de letra, construcción e coroa foron valorados durante a concentración matinal la alameda.

Resultado de concurso

Terminado o paso dos grupos ante o numeroso público a

deliberación do xurado otrogou finalmente os seguIntes premios ademáis dos 120 euros pola participación, na categoría de Maios:

 

* “MAIO DO CAMPO”: Primeiro premio en construción; terceiro en coroa e segundo en letra 120+80+50= 250 euros

* MAIO LANDEIRAS: Primeiro premio en coroa e segundo en construción 120+80 = 200euros

 

* MAIO DE SAN XULIÁN: Segundo en interpretación, terceiro en construción e terceiro en letra 80+50+50= 180 euros

* MAIO MARIÑEIRO: Primeiro premio de letra e tereceiro en Interpretación 120+50=170 euros

* MAIO DA BRUXA: Primeiro premio en interpretación 120 euros

No caso dos barcos o resultado do concurso foi o seguinte:

* “EMBARCACIÓN MIL PRIMAVEIRAS”: Primeiro en letra; Segundo en interpretación e premio único por ser de nova construción. 120+120+80= 320 euros

*EMBARCACIÓN XIANA: Segundo premio en letra e terceiro en interpretación 80+50=130 euros

* EMBARCACIÓN SAN NARCISO: primeiro premio en interpretación  e terceiro en letra.120+50=170 euros

Rematado o concurso, como sempre, non todo o mundo marchou contento pero é o que ten esta anual competición na que os participantes, incluidos os promotores e axudantes de cada grupo, teñen sempe expectativs que ás veces non se cumplen. Nesta ocasión solo un maio e un barco tivéronse que conformar coa subvención de  120 euros  por participar no evento.

Maio Landeiriño 25

Embarcación San Xian dos Ancourados

Eso sí, todos eles disfrutaron da tradicional rosca  e chocolates que lles foron entregados ao final na sede do Ateneo.

Agradecemento

Desde o Ateneo Santa Cecilia, o seu presidente Celso Méndez, que exerceu tamén de presentador do concurso, nos remite a seguine nota:

Queremos agradecer aos supermercados Froiz e Gadis, as Panaderias: A Mouta, Rias Baixas, Pontepan, A Guía, A Devesa, Acuña e Dima Dama pola súas contribucións.

A cada unha das agrupacións, colexios e asociacións veciñais participantes pola súa implicación no mantemento desta tradición.

Un agradecemento especial as persoas que compoñían o xurado.

Por último, e non menos importante, ao Concello de Marín sen o que non poderíamos organizar esta festividade do primeiro de maio.

 

roslev