Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Concello de Marín convoca o concurso de tres prazas de administrativo por sistema de oposición

Carriola.Redacción. 08.06.25

julio@carriola.es

Ata o día 23 deste mes teñen o prazo aberto as persoas que desexen presentar as súas solicitudes para participar na oposición a cubrir tres prazas de administrativo que ofrece o Concello de Marín debendo facelo a través da sede electrónica municipal.

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica as bases para ordenar o proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición, de tres prazas de Administrativo/a (subgrupo C1).

Requisitos

As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros requisitos, ter a nacionalidade española, ter cumpridos os dezaseis anos de idade, posuír ou estar en condicións de obter o título de Bacharelato ou equivalente, posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza e non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública.

Presentación e prazo de solicitudes

As solicitudes, segundo o modelo do anexo, presentaranse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica do Concello de Marín. As bases completas da convocatoria poden atoparse entrando en sede.concellodemarin.es e clicando no Taboleiro de Anuncios, onde se pode acceder directamente á documentación e á solicitude de admisión no proceso selectivo.

O prazo para realizar este trámite é de 20 días hábiles desde a publicación da resolución no BOPPO, sendo o día 23 de xuño o último.

Catro exercicios

A oposición constará de catro exericicios:

*  O primeiro deles consistirá na resolución dun cuestionario tipo test nun tempo máximo de 100 minutos.

* O segundo, nun cuestionario de 25 preguntas de resposta curta en relación ao contido total do temario.

* O terceiro será a realización dunha proba práctica sobre un ou varios aspectos do temario e que poña de manifesto o adecuado coñecemento da materia.

* Finalmente, o cuarto exercicio consistirá nunha proba escrita de coñecemento da lingua galega.

roslev