Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A "Plataforma polo Centro de Saúde de Seixo" reúne a un nutrido grupo de participantes na mobilización de “SOS Sanidade Pública”

Carriola.Platf. Seixo. 14.06.25

julio@carriola.es

Concorrida asistencia, a pesar do mal tempo, á concentración en Marín para denunciar as longas listas de agarda e a situación da sanidade pública.A plataforma responde ao Conselleiro sobre o peche de centros de saúde no verán “co de Seixo que nin se atrevan”.

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, informa que centos de veciños de Marín e das parroquias do concello concentráronse na tarde do pasado xoves fronte ao Centro de Saúde da vila en protesta polas longas listas de agarda e a situación crítica da sanidade pública galega nunha protesta moi animada a pesar do mal tempo, enmarcada na convocatoria simultanea impulsada por SOS Sanidade Pública, que tamén tivo lugar en Santiago, Vigo, A Coruña, Ferrol, Ourense, Cangas, Moaña, Vilagarcía, Burela, Ribeira, Val Miñor ou Sanxenxo.

Iria Aboi Ferradás, voceira da Plataforma, sinala que “temos nas nosas redes denuncias de esperas de 10 meses para unha ecografía, esperas de 2 anos en Uroloxía, de máis dun ano en Neuroloxía, Dixestivo ou Otorrino. E non son casos illados. Son froito de anos de recortes, privatizacións e da xestión sanitaria da Xunta que favorece o negocio da privada.”

A Plataforma denuncia que “o Señor Conselleiro Gómez Caamaño afirmou que a semana pasada as listas de espera son boas en comparación co resto do Estado. Boas para quen? Serán para el e non para quen espera a ser atendido. Por que non falou o Conselleiro da ocultación dos datos das listas de espera que fan, da penalización no caso de que te negues a operar na privada, ou das citas solicitadas que non aparecen nin sequera no buzón e non computan?”

O colectivo afirma que “Os datos da Xunta sobre listas de agarda non son reais” e reclaman á Xunta “que publiquen as listas non estruturais onde agardan por non operarse na privada quen reciben a carta da infamia como denunciamos esta semana”.

Ante as declaración do Conselleiro nas que afirma que vai haber peche de Centros de Saúde no verán, a portavoz engade “co de Seixo que nin se atrevan, e que vaian cubrindo o médico que se vai xubilar no verán ou as mobilizacións seguirán porque coa nosa saúde non se xoga.”

roslev