Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia organiza unha mesa redonda polo “Ano Castelao” coa participación de Luis Bará, Anxo González e Antón Sobral

Carriola.A.S.C..16.09.25

julio@carriola.es 

A sede social do Ateneo Santa Cecilia, rúa do Forno nº 42 baixo,  acollerá o próximo venres día 19 ás 20:00 horas unha mesa redonda dentro da programación do “Ano Castelao” da primeira entidade cultural de Marín

O acto contará coa moderación de Xulio Pardellas e nel participarán Luis Bará (Deputado do BNG), Anxo González (filólogo e escritor) e Antón Sobral (pintor e comisario de arte). e, a entrada é de balde ata completar o aforo 

Luis Bará:

Licenciado en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola USC e profesor de ensino secundario en excedencia. Concelleiro en Pontevedra dende 1995 e membro do goberno local entre 1999 e 2005,director xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura de 2005 a 2009 e de novo concelleiro en Pontevedra entre 2011 e 2018. Autor das obras Non des a esquecemento (2017), e Políticas públicas da memoria na Galiza (2021). Membro da Executiva Nacional do BNG. É deputado por Pontevedra dende 2016.

Anxo González:

Estudou no Seminario de Lugo e formou parte da primeira promoción de Filoloxía Galego Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1980 deu clase no IES Sánchez Cantón de Pontevedra, converténdose en catedrático en 1992. Colaborou coa Universidade de Vigo como docente na preparación do profesorado no CAP e no Mestrado de Secundaria. Ten colaborado en Nós Diario, La Voz de Galicia-Lemos, El Progreso-Ribeira Sacra, Faro da Cultura e Madrygal. Revista de Estudios Gallegos e na redacción do Dicionario da Lingua Galega-Isaac Alonso Estravís (Ed. Alhena, 1986). Desde 2005 coordina canda a súa muller, Vitoria Ogando Valcárcel, a páxina web ogalego.eu. Dende 2015 colabora de forma activa na Galipedia.

Antón Sobral:

Licenciouse en Historia da Arte na Universidade de Santiago de Compostela. Empezou o traballo docente nos Paúles en Marín, despois pasou polos pontevedreses Valle Inclán, Sánchez Cantón, Xunqueira II, Xunqueira I e por Ortigueira. Tamén exerceu a docencia uns 20 anos na Escola de Restauración pontevedresa ata a súa xubilación en 2012. Empezou a expoñer moi novo, en 1968 en Santiago de Compostela. A súa pintura xa leva percorridas a maioría das cidades de Galicia e tamén se deu a coñecer en Madrid, Francia, Alemaña, Cuba, Italia, Austria e Nova York. En total son máis de duascentas exposición. Ademais de pintar tamén escribe poesía, fai fotografía e vídeo, etc. En 2016 foi finalista nos premios Cidade de Pontevedra. Tamén foi o coordinador da Bienal de Arte 2025 en Pontevedra.

roslev