Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Estrela de Marín” e Concello presentan a campaña “O Escapaate Estrela” e á súa mascota “Estrelín”

Carriola.Redacción.27.09.25

julio@carriola.es 

O Centro Comercial Aberto "Estrela de Marín" presentou  oficialmente o cartel da campaña “O Escaparate Estrela”, nun acto celebrado onte que contou coa presenza do director xerente do colectivo e da concelleira de Comercio e Turismo do Concello de Marín Cristina Acuña.

O deseño, obra do creador marinense Francisco Rodríguez Blanco, ten como protagonista á mascota do CCA “Estrelín”, unha estrela simpática e próxima que se converte nunha das imaxes máis recoñecibles do comercio local. O cartel aposta por unha estética fresca e chamativa, que busca atraer tanto ao público familiar como á clientela máis nova. O deseñador, quixo plasmar unha combinación cun fondo ilustrado da vila de Marín en tons azuis, evocando o mar e a identidade mariñeira do lugar. Un pano azul ábrese para revelar a escena, simbolizando o inicio dun evento especial. No centro destaca Estrelín, que transmite frescura e proximidade. A tipografía clara e as cores azul e dourado reforzan a conexión co Centro Comercial Aberto Estrela de Marín e a campaña “O Escaparate Estrela”, convidando a participar na promoción de compras locais.

Nova dinamización para o comercio local

No acto de presentación, tanto o CCA como o Concello puxeron en valor a relevancia desta iniciativa para dinamizar o tecido comercial da vila e incentivar as compras nos  establecementos asociados e, Jonathan Carreira, xerente do centro comercial aberto destacou, “O cartel resume perfectamente o espírito da campaña: proximidade, alegría e o compromiso do comercio local coa veciñanza”. 

Durante o acto, concelleira e xerente posaron xuntos co cartel, nunha imaxe que simboliza a colaboración entre o tecido comercial e o Concello de Marín na posta en marcha desta campaña de referencia.

 

roslev