Total: encontrados 11691 resultados.
Página 155 de 585
Carriola.Redacción. 11.06.25
julio@carriola.es
Ya se conoce el técnico que dirigirá al Ence Marín Futsal en Segunda División Femenina. Y regresa un conocido entrenador de la entidad marinense.
Se trata de Raúl Jiménez Serrano, el máximo responsable del equipo en la segunda parte de la campaña 2020-21, en la que fue artífice del ascenso histórico a Primera División Femenina, y después estuvo toda la campaña de debut en Primera en la 2021-22, clasificando al equipo a la fase final de la Copa de la Reina.
En total fueron 47 partidos oficiales de liga entre Segunda, fase de ascenso a Primera y Primera División Femenina, además de los 7 partidos de Copa Galicia y Copa de la Reina de las campañas 2020-21 y 2021-22.Su balance fue de 29 victorias, 7 empates y 18 derrotas.
El entrenador nacido en Córdoba en 1977, tiene 47 años, fue jugador de élite en su etapa en el desaparecido Rías Baixas, Ceuta y en el Leis FS, donde estuvo 18 temporadas. Después en su etapa como entrenador la empezó en el Leis FS, como responsable en la base, del equipo femenino, y pasó al Poio Pescamar, ya en Primera División, y a la etapa en Marín, para pasar por el Stellae cuando su sede era Valga regreso al Leis en Segunda División B, y ya como Leis Stellae, pues la pasada campaña ejerció como técnico del filial en Tercera División. Por lo tanto, vuelve a la entidad de Marín, pero esta vez para vivir la campaña en Segunda desde el principio ya que la campaña de la 2020-21 la comenzó en febrero.
El entrenador afincado en Galicia podrá batir si no hay contratiempos el récord de más partidos oficiales en el Ence Marín Futsal, que de momento, corresponde a Ramiro López Díaz con 69.
Tiene el título de licenciado en Ciencias de la Actividad Física y el Deporte y entrenador de nivel II. Además Carlos Simoes hará las funciones de analista. Se trabaja en un entrenador de porteras y preparador físico.
Carriola.Redacción.11.06.25
julio@carriola.es
María Ramallo acompañada del concejal de deportes Antonio Traba recibió en su despacho a la joven taekwondista Ángela Balado que acudió acompañada de su entrenador y su madre a dicha recepción en la que recibió la felicitación del pueblo de Marín en la persona de su máxima representante en estos momentos.
Ángela se ha situado en poco tiempo en la élite del taekwondo y en Carriola nos hemos venido haciendo eco de sus éxitos tanto en su proclamación como campeona de España lo que le dió opción a disputar el mundial en los Emiratos Árabes donde consiguió la medalla de bronce y, pocos días después, la medalla de oro en la “President Cup European” que se celebró en Bulgaria.
Ángela es todavía una preadolescente, estudiante de segundo de la ESO lo que da que pensar en una carrera excepcional si mantiene el nivel de su preparación y las lesiones que siempre son un riesgo, la respetan. Para ello cuenta con el Gimnasio Mat´s y sus entrenadores como Torres de cuya mano han salido y se mantienen en los más altos niveles otros deportistas de la especialidad como Arlet Ortiz, Iván García y Sergio Troitiño que destacan siempre cuando no triunfan de forma absoluta allá por donde van.
La alcaldesa felicitó a la joven taekwondista y a su club, deseándoles la mayor suerte en el futuro para seguir progresando y llevando el nombre de Marín por todo el mundo.
Carriola. 11.06.25
julio@carriola.es
Abrir Marín ao futuro.

Lucía Santos Omil (*)
Hai cuestións que, lonxe de seren anecdóticas, expresan conflitos estruturais e decisións de país. En Marín, o illamento físico e simbólico da súa ría constitúe un exemplo paradigmático dunha planificación territorial desequilibrada e anacrónica, que mantén vedado un ben común esencial á cidadanía. A reconquista do bordo litoral, hoxe ocupado de forma sobredimensionada por instalacións militares e portuarias, non é unha demanda estética nin folclórica, é unha cuestión de dereitos, de xustiza territorial e de proxecto de futuro.
Durante décadas, a configuración do espazo urbano en Marín estivo determinada por unha lóxica de control, de ocupación estratéxica e de beneficio unilateral. Pero esa lóxica esgotouse. O urbanismo moderno, os principios de desenvolvemento sostible e a propia lexislación estatal e autonómica - nomeadamente a Lei 2/2016 do solo de Galicia e a Lei 22/1988 de costas - instan a poñer os espazos costeiros ao servizo do interese xeral, priorizando os usos públicos, sociais, culturais e ambientais. Non é un capricho, é unha obriga legal e política.
A apertura de Marín ao mar suporía unha operación de reequilibrio territorial e de democratización do espazo público. Falar de cesión gratuíta por parte da Autoridade Portuaria ou do Ministerio de Defensa non é unha utopía, é unha acción perfectamente viable e documentada por precedentes como os de Ferrol. Pero require vontade política firme e aliñamento institucional.
Os beneficios da apertura litoral non son só urbanísticos ou ambientais. Son tamén económicos. A recuperación do bordo marítimo permitiría artellar un novo modelo de desenvolvemento baseado no turismo sostible, o comercio local e a creación de emprego vinculado ao lecer, á cultura e á restauración.
É sabido que a posta en valor de espazos costeiros mellora a calidade de vida, incrementa o atractivo turístico e dinamiza o pequeno comercio de proximidade. En Marín, onde o tecido comercial sofre a competencia das grandes superficies e a perda de centralidade, a apertura ao mar podería representar unha auténtica palanca de reactivación económica.
A actividade portuaria non desaparecería nin debe facelo. Pero cómpre reequilibrar os usos e redimensionar espazos que, a día de hoxe, non cumpren funcións efectivas. Hai terreos infrautilizados, zonas sen acceso nin funcións definidas e naves con concesións prescindibles. Transformar estes espazos en parques urbanos, sendas peonís, instalacións deportivas ou centros culturais non só é razoable, senón urxente. É, en definitiva, unha expresión práctica dun modelo de vila que aposta pola cohesión social, a sustentabilidade e a memoria.
Porque o mar en Marín é identidade, é historia colectiva, é futuro. Non abrilo á cidadanía é negar esa identidade. E negala é perpetuar unha inxustiza que nos empobrece a todos. É hora de transformarmos valos en camiños. De facermos do litoral unha porta aberta. Marín merece vivir coa súa ría, non decostas a ela. Por dereito, por dignidade e por un futuro en común.
(*) Lucía Santos é a portavoz do BNG en Marín.
Carriola.Iria Aboi (*). 11.06.25
julio@carriola.es
Representantes da Plataforma veñen de dirixirse á xerencia da Área demandando a cobertura a tempo completo do segundo facultativo de Seixo ante a súa inminente xubilación e únese aos diferentes actos reivindicativos contra as listas de espera organizados por SOS Sanidade Pública cunha protesta este xoves 12 de abril diante do Centro de Saúde de Marín.

Iria Aboi
A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín, vén de dirixirse á xerencia da Área Sanitaria Pontevedra – O Salnés para demandar a cobertura a tempo completo do segundo facultativo de Seixo ante a súa inminente xubilación.
A Plataforma sinala que a xubilación deste segundo facultativo vaise producir este verán sen que, ata o momento, se saiba cal é a previsión que ten a xerencia para a cobertura do seu cupo e apuntan que a incerteza e desconfianza entre a veciñanza medra conforme nos achegamos a datas estivais xa que está moi presente o inicio dos problemas no noso centro de saúde a raíz da xubilación dunha das dúas prazas de enfermería e, posteriormente, da xubilación do Dr. Martín no verán de 2021 e a decisión da xerencia da área que deixou, durante moito tempo, o cupo descuberto, sen ter ningún profesional consultando, o que derivou en moitos problemas para pacientes e persoal.
Non queremos que se volva repetir esta situación, e no escrito amosámoslle a nosa firme vontade de defender a cobertura da praza deste cupo, a tempo completo e de maneira estable, mesmo antes de se producir a xubilacióne demandamos que, de forma oficial, clara e detallada se informe, tamén por escrito, de como a Xerencia vai proceder á cobertura desta xubilación, dende o día seguinte de producirse, para garantir a atención sanitaria que ata o momento tiveron as e os pacientes e sen que se produza sobrecarga nin saturación no resto do persoal do Centro de Saúde de Seixo.
Protesta contra as listas de espera en Marín.
Asimismo, a Plataforma tamén informa de que se une aos diferentes actos reivindicativos organizados por SOS Sanidade Pública contra as listas de espera, actos previstos para este xoves 12 de xuño cunha protesta diante do Centro de Saúde de Marín ás 20:30h.
Consideramos que a situación das listas de agarda é escandalosa e que as declaracións do Conselleiro Gómez Caamaño da pasada semana nas que afirma que as listas de espera son boas en comparación con outras comunidades autónomas son inaceptables; Son boas para quen? Supoñemos que para el e non para quen espera meses a ser atendido. Por que non falou o Conselleiro da ocultación de datos que fan, da penalización no caso de que te negues a operar na privada ou das citas solicitadas que non aparecen en buzón e non computan?.
Aademais das listas de espera que xa temos nos Centros de Saúde, hai listas de espera para primeiras consultas e revisións con especialistas, hainas para probas diagnósticas e tamén para intervencións, e moitas superan o ano de demora polo que facemos un chamamento a participar na protesta deste xoves que coincidirá con outras de xeito simultáneo en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense, Burela, Vilagarcía, Cangas, Ribeira, Sanxenxo ou o Val Miñor.
* Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma de defensa do Centro de Saúde de Seixo
Carriola.Concello de Marín. 11.06.25
julio@carriola.es
As ONGs reúnense co departamento de Servizos Sociais e o Goberno local e volven lanzar un SOS pola falta de voluntariado e no encontro, a alcaldesa, María Ramallo, e a edil, Marián Sanmartín, escoitaron a análise que fan os membros das ONGs que operan na vila sobre as necesidades asistenciais e das persoas migrantes
A Sala de Xuntas do Concello de Marín acolleu unha reunión de traballo entre diversas Organizacións Non Gobernamentais (ONGs) que operan no municipio e o Departamento de Servizos Sociais, na que tamén estiveron presentes a alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira Marián Sanmartín, co obxectivo de reforzar a coordinación e a organización dos recursos dispoñibles para facer fronte á demanda de axuda asistencial. Durante o encontro, púxose de manifesto un aumento crecente no número de familias procedentes de países sudamericanos e que son usuarias de Servizos Sociais.
Neste contexto, destacouse a importancia de garantir unha atención adecuada, equitativa e ordenada, polo que se instou a todas as familias solicitantes a pasar polas oficinas de Servizos Sociais para a revisión e actualización da súa documentación. Esta medida permitirá unha xestión máis eficaz e personalizada dos recursos.
Fin do curso escolar e comedores
Outro dos temas abordados foi a finalización do curso escolar e, con el, o remate do servizo de comedores escolares. Ante esta situación, estudaranse fórmulas para paliar, na medida do posible, a carencia deste servizo fundamental para moitas familias durante os meses de verán.Ademais, tratáronse os casos derivados dos campamentos de verán, que tamén supoñen un reto adicional no marco da planificación asistencial da tempada estival.
Recoñecemento
A alcaldesa quixo agradecer personalmente “todo o traballo que facedes desde as ONGs” e mostrou “a completa disposición do Concello para continuar traballando conxuntamente”. Un dos retos máis grandes aos que se enfrentan estas organizacións, tal e como se tratou no encontro, é a falta de voluntariado para sacar adiante o traballo diario. “Por iso”, rematou a rexedora, “trataremos de axudar en facer este chamamento solidario para que máis persoas aporten un grao de area ao voso importantísimo labor”.
Carriola.Heri. 10.06.25
julio@carriola.es
Nuevo éxito deportivo de las categorías “ base” del Marín Futsal. El filial masculino de la entidad marinense ascendió a Preferente Futgal tras conseguir un buen resultado en la vuelta del playoff de ascenso.
El O Rural Marín B derrotó al CD La Peña y certificó el cambio de categoría con el marcador ya holgado del choque de ida. De esta manera la entidad marinense tendrá la próxima campaña al primer equipo senior en Tercera y al filial en Preferente, algo de lo que no pueden presumir muchos clubes. La formacion que dirigen Ana Pinto y Quintas sumo 21victorias, 1 empate y 8 derrotas durante toda la campaña.
Suerte dispar
Quien no tuvo la misma suerte fue el Enrique y Novás Marín cadete femenino que falló en la final de Copa Galicia frente al Ourense Ontime, al ceder por 4-2 sin que se puedan restar méritos a esta generación porque esta temporada ganó el título de liga gallego y se clasificó para el sector nacional de Navalcarnero.
Además el filial femenino, el Galefén Marín tampoco tuvo final feliz al perder la final de Copa frente a ED Poio Pescamar.
Carriola.Redacción. 10.06.25
julio@carriola.es
Veinticuatro alumnos y alumnas del colegio público de “A Laxe” compartieron con un grupo de adultos compuesto por profesorado del centro y miembros de la Asociación de pescadores Ría de Marín”, una jornada medioambiental realizada al amparo del Plan Social ENCE en la Playa de Portocelo
Educarse en lo que es el cuidado del Medio Ambiente no se hace mejor que sobre el terreno como ocurrió ayer en Portocelo a donde se desplazaron un grupo de 24 niños y niñas del colegio A Laxe junto con varios miembros de su profesorado donde les esperaban los componentes de la asociación “Ría de Marín”. Entre todos, como suelen hacer cada año, procedieron al ejercicio de limpieza del arenal y, aunque en esta época del año las playas ya cuentan con la actuación de la empresa que las mantiene en buenas condiciones, el ejercicio fue muy positivo desde el punto de vista instructivo y concienciador especialmente para los escolares.
La jornada se realizó como parte del compromiso adquirido con el Plan Social ENCE y la concejala del área medioambiental se acercó a la playa para felicitar al grupo de niños y adultos por su compromiso con el medio y destacó la buena disposición de los miembros de la asociación organizadora “cos que sempre se pode contar como uns aliados boísimos para o coidado do noso entorno”, dijo
Carriola.Redacción. 10.06.25
julio@carriola.es
Itziar Álvarez, concejala encargada del Museo Municipal Manuel Torres, junto con el escritor Ramón Rozas presentó una jornada que tndrá lugar en torno a la figura del pintor Torres Martínez considerado uno de los artistas más importantes de nuestro municipio
El próximo día 17, martes, enre las cinco y las ocho de la tarde, el Museo Torres acogerá ua jornada especial en referencia al pintor marinense que da el nombre a esta institución municipal, actividad que fue presentada ayer conjuntamente por el escritor Ramón Rozas y la concejala encargada del Museo, Itziar Álvarez. Según indió el propio Rozas “A actividade enmárcase dentro do ciclo Revisando a nosa arte, imulsado polo organismo autonómico, e ten por obxectivo poñer en valor e revisitar a traxectoria creativa do pintor marinense, que pode situarse á altura do resto de pintores galegos Laxeiro, Colmeiro, Souto, Maside”.
Relatores que intervendrán
Participarán en el acto varios relatores que iràn centrando sus intervenciones en distintos momentos de la vida de Torres analizando el contecto social, político y económico y los efectos que estos tuvieron en el desarrollo de su obra.
Según indicaron ayer, “Un deses relatores será Carlos L. Bernárdez, comisario de exposicións, crítico de arte e académico da Real Academia Galega de Belas Artes, que se centrará na primeira parte da traxectoria de Torres, entre 1927 e 1936, onde entra en contactocoas experiencias pictóricas en Madrid e París, o que marca a súa decidida participación nos aires de cambio da pintura en Galicia e como despois segue a súa traxectoria nun contexto bélico e, despois, Ramón Rozas centrará a súa intervención nesa posguerra e no exilio ulterior en Marín, un caso insólito fronte ao dos seus compañeiros de xeración, que, por distintas circunstancias, desenvolveron a súa vida e obra en diferentes latitudes, rematando a xornada, cunha mesa redonda á que se incorporarán, ademais dos dous relatores, Antón Sobral, pintor de Marín cunha relación persoal co propio Manuel Torres, e Ángeles Tilve, directora do Museo de Pontevedra, onde se gardan varias das súas pezas artísticas máis relevantes”.
Itziar Álvarez indicó que para asistir a esta jornada no será necesaria inscripción previa y el tendrá acceso libre hasta completar el aforo de la sala.
Carriola.Cons.Educ. e Ciencia. 10.06.25
julio@carriola.es
O alumnado de continuidade pode matricularse no próximo curso entre o 9 e o 23 de xuño en convocatoria ordinaria e entre o 27 de xuño e o 7 de xullo en extraordinaria.O de novo ingreso debe realizar a preinscrición entre o 16 de xuño e o 7 de xullo.As persoas interesadas poden escoller entre unha oferta de 11 linguas diferentes
A Xunta abre este luns a matrícula das Escolas Oficiais de Idiomas, segundo se recolle na resolución pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nestes centros no curso 2025/26.
No caso do alumnado matriculado no actual curso 2024-25, que resulte apto na convocatoria ordinaria de probas e que desexe continuar estudos no curso 2025-26 no mesmo idioma e escola, deberá formalizar a matrícula entre o 9 e o 23 de xuño. A convocatoria extraordinaria de matrícula (para o alumnado apto, non apto ou non presentado na convocatoria extraordinaria de probas) irá do 27 de xuño ao 7 de xullo.
Alumnado de novo ingreso
O alumnado de novo ingreso deberá realizar unha preinscrición en liña entre o 16 de xuño e o 7 de xullo. Cada persoa poderá presentar unha única solicitude con tres preferencias priorizadas de grupos nun máximo de dous idiomas. A adxudicación de prazas realizarase a través de sorteo nun acto público o día 9 de xullo ás 9,00 horas na Escola Oficial de Idiomas de Vigo. O alumnado de nova incorporación que obteña praza no dito sorteo de preinscrición deberá matricularse entre o 10 e o 21 de xullo.
En calquera dos casos, a matrícula tense que formalizar obrigatoriamente en liña. Unha vez que remate o proceso de matrícula e ata o día 19 de setembro, no caso de quedaren prazas vacantes, cada escola poderá cubrilas coas listaxes de espera, en caso de habelas, ou atendendo as peticións de alumnado de novo acceso que non realizase o proceso de preinscrición. As escolas non poderán facer pública ningunha oferta de prazas vacantes mentres existan listas de agarda.
Once idiomas diferentes
Actualmente, a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP conta con 11 escolas oficiais de idiomas. Nelas ofértanse 11 idiomas diferentes: alemán, árabe, chinés, francés, inglés, italiano, portugués, ruso, xaponés, español para estranxeiros e galego.
Para acceder á súa formación é necesario ter 16 anos cumpridos no ano natural en que se comecen os estudos, aínda que aquelas persoas que teñan cumpridos os 14 anos poderán seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na Educación Secundaria Obrigatoria como primeira lingua estranxeira.
Carriola.Necrológica.9.06.25
julio@carriola.es
La funeraria SAN MARCOS comunica el fallecimiento hoy, día 9 de junio, de don MANUEL SOBRAL SANTAMARÍA, cuyos restos mortales permanecerán en el Tanatorio SAN MARCOS, de Marín, hasta el momento de su traslado, MAÑANA MARTES día 10 de junio a las DOCE del mediodía al Crematorio Terras de Pontevedra para su incineración en la intimidad familiar.
Asimismo comunica que, previamente a su traslado y en la capilla del mismo tanatorio, se oficiará el acto de despedida. DEP.

Carriola.Redacción. 09.06.25
julio@carriola.es
El Club de Gimnasia Rítmica Agarimo ha brillado de nuevo en una comparecencia a nivel autonómico como la celebrada este pasado fin de semana en Ourense hacièndose con dos medallas de oro y una de bronce que certifican en constante progreso de sus gimnastas
El “Campeonato Gallego Promoción y Prebase” celebrado en el Pabellón de Os Remedios (Ourense), deparó nuevas e importantes satisfacciones para el “Agarimo” y en especial para l@s gimnastas que consiguieron valiosas medallas por sus actuaciones en su transcurso.
El prebenjamin Álvaro Blanco, ya acostumbrado a subir al podio con tan temprana edad, se hizo con la primera medalla de oro del campeonato gallego al igual que

Sara Iglesias en la categoría Máster-Promoción mientras que la juvenil prebase

Fadwa Abbouti consiguió la de bronce con lo que entre los tres redondearon un magnífico resultado de dos preseas doradas y una de honrosa tercer puesto.
Desde el propio club se expresa la felicitación a los tres así como a sus entrenadoras que tanto hacen por ellos llevando a cabo un magnífico trabajo con ilusión y compromiso que ayuda mucho a la progresión exitosa de estos tres representantes en este fin de semana pero también de los demás entre los que se atisban valores de futuro.
Carriola.Redacción. 09.06.25
julio@carriola.es
El primer premio de la “V Ruta Marín Pincho a Pincho” fue para “Perlas da Meiga”, pincho ofrecido por la cafetería Costrumar cuya representante recibió de manos del presidente de “Botón de Ancla”, Manuel Area,el galardón consistente en el premio propiamente dicho y un viaje.
La última jornada del “Marín Pincho a Pincho” en su quinta edición resutó muy animada con las actuaciones musicales que en el entorno de la alameda estuvieron concurridas desde el mediodía terminando con un fin de fiesta a cargo del “Trío Azabache” que puso el punto y final del programa en el acto de entrega de los premios.

Cada establecimiento participante recibió un diploma acreditativo y una planta de Camelia donada por la Diputación Provincial de Pontevedra y, por su parte la directiva de la Asociación Cultural y Gastronómica Botón de Ancla se entregaron sendos recuerdos de agradecimiento por su inestimable colaboración en la organización del evento a la Diputación Provincial, al Concello de Marín y a las tres profesoras de la Escuela de Hostelería Carlos Oroza que fueron las encargadas de evaluar los pinchos participantes y que dieron como resultado los tres ganadores de este concurso que resultaron ser.
El primer premio, entregado por Manuel Area, presidente de la entidad organizadora y consistente en el trofeo y un viaje fue para para la

Cafetería Construmar por su pincho 'Perlas da Meiga' .
El segundo premio, también trofeo y viaje, para la

Cafetería La Real por su pincho 'Realmente bueno 2.0' que sus representantes recogieron de manos de la Concejala de Turismo del Concello de Marín, Cristina Acuña.
Y tercer premio, trofeo y viaje, para el Restaurante

O Casino por su pincho 'Perfecta Armonía' que fue entregado por la Concejala de Servicios Sociales del Concello de Marín, Mónica Viqueira.
Premio que otorga el público
Ahora queda por recontar las tarjetas de las cerca de cinco mil consumiciones efectuadas durante los cuatro días que ha durado esta V Ruta Marín, pincho a pincho en las que los clientes han depositado sus votos según sus gustos y que dará como resultado el ganador de 'Premio de Público', también consistente en trofeo y viaje, que será entregado en cuanto finalice el recuento así como los regalos a los clientes agraciados en el sorteo que se efectuará con sus tarjetas.
Cabe decir que, a falta de la valoración final de los resultados de este evento, se puede considerar un notable éxito tanto de participación de los establecimientos como de los clientes que degustaron sus pinchos, lo que es una buena base para encarar la organización de la sexta edición para el próximo año.
Carriola.Redacción. 08.06.25
julio@carriola.es
En la mañana de ayer, la Alameda de Marín se volvió a convertir en el epicentro del boxeo base gallego con la celebración del torneo "Pequeños Guerreros", organizado por el Club Team Thunder cuya participación y desarrollo puede calificarse de éxito total
En una jornada soleada y cargada de entusiasmo, casi un centenar de niñas y niños de entre 4 y 16 años, provenientes de diversos clubes de Galicia, participaron en pruebas técnicas de formas como sombra, saco, manoplas y comba. Más allá de la competición, la cita fue una verdadera demostración de compañerismo, esfuerzo y pasión por este deporte.
Un proyecto de formación deportiva
El Club Team Thunder, entidad organizadora, ha consolidado en los últimos años un proyecto deportivo centrado en la formación integral de jóvenes atletas, promoviendo no solo el rendimiento físico-técnico sino también valores fundamentales como la disciplina, la superación personal y el respeto. Bajo la dirección de un equipo técnico cualificado, Team Thunder se ha posicionado como uno de los referentes del boxeo formativo en Galicia, impulsando actividades que trascienden el ámbito competitivo para generar comunidad e inclusión.

Gran parte de los participantes eran del Team Thunder
Así, con "Pequeños Guerreros", el club reafirma su compromiso con la visibilidad del boxeo en edades tempranas y demuestra que el futuro de esta disciplina en Galicia está lleno de talento y dedicación. La excelente acogida del evento por parte de participantes, familias y público general deja claro que el boxeo, bien enfocado, es una herramienta educativa de primer nivel.
Sigue creciendo deportivamente y en valores
Continúa así el crecimiento del noble arte entre las nuevas generaciones, el boxeo está creciendo, y ya es una realidad muy atractiva del panorama deportivo gallego.
A través de eventos como estos, se da visibilidad a un deporte antaño demonizado, y al que a día de hoy mucha gente todavía teme, demostrando así que es un deporte muy seguro, divertido, y con unos increíbles valores para inculcar a los más jovenes.
Carriola.Dip.Prv. 08.06.25
julio@carriola.es
Detectouse evolución dalgunhas das primeira ninfas de Scaphoideus titanus, o vector da enfermidade de corentena flavescencia dourada, polo que se aconsella aplicar o primeiro tratamento catro semanas despois da súa detección
A Deputación de Pontevedra, a través do novo aviso fitosanitario do persoal técnico da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, aconsella seguir combinando o uso de produtos funxicidas coas labores culturais de roza nun momento decisivo para a futura colleita da uva, posto que os grans dos acios que se acaban de formar son moi sensibles ao mildio, e incrementar a vixilancia fronte ao oídio e a botrite. Tamén advirte da evolución dalgunha das primeiras ninfas de Scaphoideus titanus, o vector da enfermidade de corentena flavescencia dourada, polo que lembra que o primeiro tratamento debe aplicarse ás catro semanas da súa detección.
Alerta nos próximos días
Ante as previsións meteorolóxicas dos próximos días, que sinalan certa posibilidade de precipitacións e altas temperaturas, Areeiro recomenda estar alerta e completar o tratamento contra o mildio con traballos de roza. Naqueles predios onde xa houbo ou hai focos de infección activos, tamén aconsella o despunte das ramas e unha esfolla lixeira para favorecer a aireación e a penetración do caldo fitosanitario no dosel da viña. No que respecta ao oídio, pese a non atoparse síntomas, o centro dependente da Deputación aconsella aumentar a vixilancia debido ás néboas e á humidade. Tampouco se detectaron síntomas de botrite, pero cómpre vixiar os acios cuxos capuchóns florais non están desprendidos ou en viñas nas que os ventos do norte romperan pampos.
No relativo ao black rot, non existe unha maior incidencia da enfermidade nas viñas, pero poderíanse manifestar tanto anteriores como novas infeccións debido ás precipitacións e ao aumento da temperatura, polo que tamén é recomendable manter a vixilancia. Sobre as avelaíñas do acio, observáronse os primeiros glomérulos, malia non haber capturas de machos nas trampas.
Buxo e castiñeiro
O aviso fitosanitario tamén inclúe observacións sobre o buxo e o castiñeiro, xa que esta semana capturáronse os dous primeiros machos da Cydalima perspectalis (bolboreta do buxo) e de Tortrícido temperá Pammene fasciana na finca de Areeiro.
Carriola.Redacción. 08.06.25
julio@carriola.es
La quinta edición del “Marín Pincho a Pincho” que organiza la asociación “Botón de Ancla” toca a su fin tras las tres jornadas en que los doce establecimientos participantes ofrecieron su especialidad a los clienes
Ayer la tercera jornada del evento V Ruta 'Marín, pincho a pincho' que organizada por la Asociación Cultural y Gastronómica Botón de Ancla, con la participación de doce establecimientos hosteleros de Marín que sirve su pincho al precio de 2 euros.

Los clientes además de disfrutar de los majares ofrecidos por los establecimientos hosteleros participantes ya han podido disfrutar de las ruadas a cargo de Grupo Folclórico Carballino y la Charanga Noroeste, además de la actuación den los Jardines Rosalía de Castro del virtuoso de la trompera Manuel Mardamas y su grupo La Mmarca.

La Asociación Botón de Ancla quiere mostrar su satisfacción la aceptación popular que está teniendo el evento y cifra en ya más de 3.500 los pinchos servidos en estas tres primeras jornadas.
Las componentes del jurado calificador de los pinchos presentados a concurso, profesoras de la Escuela de Hostelería Carlos Oroza ya han evaluado ocho de los doce pinchos presentados a concurso y hoy completarán las valoraciones restantes.

Hoy jornada final
El último día de la V Ruta 'Marín, pincho a pincho' estará amenizado por la Charanga Os Jalactitos, que recorrerá las calles de Marín y los establecimientos participantes. Mientras que habrá dos sesiones musicales en el palco instalado en los Jardines Rosalia de Castro, una vermouth a cargo de Duo BL Pop a partir de las 12,00 del medio día y otra a cargo del Trio Azabache que comenzará a las 19,30 horas, con un descanso a 21,00 horas para la entrega de premisos y concluirá con gran fin de fiesta.
Carriola.Redacción. 08.06.25
julio@carriola.es
O Ateneo Santa Cecilia quere sumarse aos actos que se celebran con motivo do “Día Mundial do Medio Ambiente” e organiza a que sen dúbida será una interesante charla sobre paisaxismo que serà impartida por Xosé Souto na seda da propia asociación o xoves
“O arte do paisaxismo. Historia e estilos ao longo do tempo”, é o título da charla que terà lugar o vindeiro xoves día 12 deste mes ás oito da tarde no local social do propio Ateneo ubicado na Rúa do Forno nº42.- Baixo e correrà a cargo do experto paisaxista Xosè Souto, responsable da xerencia, deseño e dirección de espazos exteriores da empresa TECNICAPAISAXE S.L./INNOVA PAISAJES, encargado da loxística de materiais, xestión de persoal, supervisión de obra e coordinación integral do proceso, desde a concepción ata a execución.
Souto, paisaxista moi valorado e premiado en concursos nacionais e internacionais, está especializado no deseño e desenvolvemento construtivo de espazos, combinando criterios estéticos, funcionais e sostibles e conta con experiencia destacada en proxectos paisaxísticos efémeros para eventos, marcas e organismos públicos, como por exemplo o Nadal de Pontevedra (edicións 2023 e 2024) na Praza da Ferrería
A asistencia á charla será de libre acceso ata completar aforo.
Carriola.EdM. 08.06.25
julio@carriola.es
Tralo sorteo efectuado na sede social da asociación, con motivo da "Campaña Estrela", o gañador foi José Luis Bouzas quen selou a súa tarxeta nos comercios Pescados Juana, Congelados Silverio Iglesias e Sofimar polo que disporá de 3 vales compra de 50€ para consumir nestes establecementos.
O acto de entrega do premio tivo lugar no posto Pescados Juana, no transcurso do mesmo o gañador (neste caso a súa muller) recibiu os 150€, en vales compra.
Nesta edición, efectuanse 6 sorteos polo que en total sorteamos 900€ en tarxetas regalo que se elevan ata os 1.000€, xa que os clientes que contesten á enquisa sobre a campaña, que temos na páxina web, poden gañar outros 2 vales de 50€.
Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Comercio.
Premio pola enquisa

Entregouse tamen a 1ª das tarxestas regalo de 50€ por contestar á enquisa que temos na web, para coñecer o feedback sobre a Campaña Estrela. O gañador foi Marcelino López Maquieira.
Carriola.Redacción. 08.06.25
julio@carriola.es
Ata o día 23 deste mes teñen o prazo aberto as persoas que desexen presentar as súas solicitudes para participar na oposición a cubrir tres prazas de administrativo que ofrece o Concello de Marín debendo facelo a través da sede electrónica municipal.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publica as bases para ordenar o proceso selectivo para a cobertura, polo sistema de oposición, de tres prazas de Administrativo/a (subgrupo C1).
Requisitos
As persoas aspirantes deberán cumprir, entre outros requisitos, ter a nacionalidade española, ter cumpridos os dezaseis anos de idade, posuír ou estar en condicións de obter o título de Bacharelato ou equivalente, posuír a capacidade funcional para o desempeño das tarefas habituais da praza e non estar separadas por un expediente disciplinario do servizo de calquera Administración pública.
Presentación e prazo de solicitudes
As solicitudes, segundo o modelo do anexo, presentaranse preferentemente por vía electrónica, a través da sede electrónica do Concello de Marín. As bases completas da convocatoria poden atoparse entrando en sede.concellodemarin.es e clicando no Taboleiro de Anuncios, onde se pode acceder directamente á documentación e á solicitude de admisión no proceso selectivo.
O prazo para realizar este trámite é de 20 días hábiles desde a publicación da resolución no BOPPO, sendo o día 23 de xuño o último.
Catro exercicios
A oposición constará de catro exericicios:
* O primeiro deles consistirá na resolución dun cuestionario tipo test nun tempo máximo de 100 minutos.
* O segundo, nun cuestionario de 25 preguntas de resposta curta en relación ao contido total do temario.
* O terceiro será a realización dunha proba práctica sobre un ou varios aspectos do temario e que poña de manifesto o adecuado coñecemento da materia.
* Finalmente, o cuarto exercicio consistirá nunha proba escrita de coñecemento da lingua galega.
Carriola.Redacción. 08.06.25
julio@carriola.es
Ayer recibimos en nuestra redacción el comunicado procedente del Partido Popular, más concretamente de su líder marinense y alcaldesa María Ramallo en el que hace balance de los dos años transcurridos de la presente legislatura y cuyo contenido reproducimos íntegramente a continuación:
Todo en marcha…
Parece mentira que xa pasasen dous anos desde que, por cuarta vez consecutiva, os marinenses déronnos toda a súa confianza e permitiron a este equipo de Goberno, do que me honra estar á cabeza, gobernar con maioría absoluta. Estamos no ecuador do mandato e esa responsabilidade, ese encargo que os marinenses nos deron, levámolo presente todos os días. Están a ser uns anos intensos. Marín está chea de obras, é verdade, pero é que estamos a acometer a maior transformación urbana que o noso municipio experimentou nos últimos tempos para que Marín teña o peso, a comodidade e a calidade urbana que se merece. Porque non, non nos merecemos menos.
É un orgullo poder dicir que estamos a levar a cabo o maior investimento da historia de Marín con axudas conseguidas doutras administracións. Ou devandito doutra maneira: facendo un gasto 0 do diñeiro público de todos os e as marinenses. Todo o esforzo de xestión administrativa, burocrática e política empeza a dar os seus froitos.
Tal é así, que nestes momentos estamos a facer investimentos por valor de 17.461.000 euros, é dicir, un montante moi próximo ao noso orzamento municipal completo, que é de preto de 18 millóns.
Estes investimentos están a cristalizarse en:
- A remodelación completa de Concepción Arenal e a Rúa dá Ponte: 1.400.000 euros
- A humanización da Avenida de Ourense na beirarrúa dos edificio e a creación dunha rotonda para xestionar o tráfico: 1.300.000 euros
- A mellora ambiental del Río Lameira, coa renovación do antigo colector e a creación dunha senda peonil: 3.000.000 euros
- A construción do noso ansiado Auditorio: 6.000.000 euros
- A dotación do equipamento técnico e escénico necesario para o Auditorio: 336.000 euros
- A remodelación do Pavillón da Cañota: 650.000 euros
- A renovación do Pavillón do Sequelo, que se atopa en pleno proceso de licitación: 725.000 euros
- A mellora, coa continuación do carril bici para unilo coas praias, na segunda fase da Rúa do Forte: 700.000 euros
- A dotación dunha nova senda peonil entre Ou Campo - Pardavila, da que a próxima semana empezarase o proceso de expropiacións: 1.300.000 euros
- A pavimentación e mellora de camiños do rural: 450.000 euros
- A mellora da contorna do Lago Castiñeiras, coa creación de novos merenderos e dun novo Auditorio ao aire libre: 200.000 euros
- A recuperación ambiental e da antiga praia na dársena portuaria anexa ao Paseo Alcalde Blanco: 300.000 euros
- A urbanización da contorna desta dársena: 300.000 euros
- A mellora da eficiencia enerxética, a impermeabilización do teito e a dotación de nova maquinaria e renovación de antigas instalacións na Piscina municipal: 800.000 euros
En definitiva, unha mellora de calado a nivel urbano, cultural e deportivo pola que seguiremos apostando para cumprir con todo o noso programa electoral e darlle aos e as marinenses o mellor Marín posible.
Carriola.08.06.25
LOS CAMPAMENTOS UN RECURSO DIDÁCTICO PARA EL VERANO
José Carlos Otero López (Director de Act. De Ocio y T.L.)
Dolores Armas (Pisopedagoga)
Llegan las vacaciones de verano y es el momento en que los padres/madres se formulan muchas preguntas sobre las opciones posibles para elegir el campamento que sea lúdico y placentero, pero al mismo tiempo que contribuya a la formación integral de sus hijos.
Estas son algunas de las preguntas más frecuentes con sus respectivas respuestas que pueden ser orientativas para los padres, teniendo en cuenta que muchas de estas respuestas dependen siempre del grado de maduración de los hijos/as.
¿Cuándo es un buen momento para ir al campamento?
Los motivos más frecuentes por los cuales los padres envían a sus hijos a un campamento suelen ser: para ofrecerles una actividad lúdica vacacional y se diviertan; para cubrir ese tiempo en el que ellos no pueden atender a sus hijos, para desarrollar en mayor medida su autonomía, individualidad y socialización; o para llevar a cabo algún aprendizaje, principalmente deportivo o una segunda lengua. Aunque estos motivos tienen un gran peso a la hora de tomar la decisión, para que realmente la actividad se placentera y positiva para el niño debemos contar con su voluntad.
¿Cuál es la edad ideal para ir a un campamento?
A partir de 5-6 años los niños tienen capacidad para disfrutar plenamente de las actividades que le ofrecen en un campamento con pernocta y una estancia semanal. Pero esto no quiere decir que todos los niños de esa edad o mayores deseen pasar unos días sin sus padres en un campamento. Se debe considerar para tomar esta decisión, más que la edad, la personalidad, las destrezas sociales y el desarrollo emocional del niño, ya que esto será fundamental en un entorno desconocido. Los padres y madres, si son capaces de poner a un lado sus expectativas y necesidades, suelen saber si su hijo es capaz de afrontar este tipo de experiencias.
¿Qué podemos hacer para asegurarnos de que todo irá bien?
Hay grandes diferencias, en cuanto a la capacidad para adaptarse a diferentes situaciones, entre los niños que desde pequeños han dormido fuera de su casa (amigos, abuelos, primos,..) y aquellos que nunca han salido del domicilio familiar. Los primeros tienden a sentirse más seguros en situaciones desconocidas, sobre todo a la noche. También resulta positivo para los niños haber vivido desde pequeños experiencias de ese tipo con sus profesores y compañeros. En algunas escuelas ya desde los tres años se promueven actividades para facilitar la individualización y la autonomía organizando alguna noche en el colegio o en alguna granja escuela. Estás primeras experiencias les ayudan en su desarrollo y estabilidad emocional, así como apropiarse de espacios desconocidos y encontrarse seguros. Es más probable que estos niños que han vivido estas experiencias anteriores muestren deseo e ilusión por asistir a un campamento. No podemos olvidar que el desarrollo de la individualización y la autonomía es un proceso lento, que cada niño evoluciona de un modo diferente, que no debemos forzar ni apurar. El desapego debe ser progresivo y no debe afectar el desempeño del niño, ni generarle ansiedad y estrés. Proporcionarle nuevas experiencias gradualmente, contando con sus fortalezas, nunca con sus debilidades.
No conviene ir en contra de la voluntad del niño, pero en cualquier caso correspondería asegurarse de si el lugar que le hemos escogido es de su agrado, si sería más tranquilizador para él ir con algún amigo o hermano. También conviene enseñarle el lugar, mencionarle los aspectos positivos, y luego darle un tiempo para que lo piense, sin forzarlo. En el caso de que su respuesta siga siendo negativa debemos respetarla, y esperar hasta el próximo año para ofrecérsela de nuevo y durante todo ese año iniciar el proceso de desapego y autonomía. En este caso, cuando el problema es la noche y la distancia a la familia durante varios días, tenemos los campamentos urbanos, que proporcionan un buen número de experiencias y aprendizajes muy positivos en un contexto más seguro para el niño.

Si al final conseguimos convencerle y se anima, no olvidemos que la primera vez suele estar llena de temores e inseguridades; por ello aconsejo a los padres que hablen con franqueza con los coordinadores y monitores del campamento, ellos conocen bien estas situaciones, saben manejarlas y en ellos debemos confiar. Es posible que los primeros días el niño sienta alguna extrañeza, pero enseguida disfrutará plenamente de la experiencia con el apoyo del equipo de monitores. No olvidemos que debemos cumplir las normas del campamento para contactar con nuestro hijo, eso también le ayudará a encontrarse bien.
Una recomendación para los padres antes de llevar a su hijo/a a un campamento es que pidan siempre el proyecto del mismo para revisarlo y ver si se adapta a los intereses particulares del niño/a y de los valores de la familia. En él podremos conocer las actividades, los objetivos, los valores que se pretenden transmitir, la experiencia de los monitores y los criterios metodológicos de trabajo.
(*) Colaboración dominical especial de la Asociación de Pedagogía de Galicia “APEGA” con Carriola de Marín