Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A próxima xubiliación do médico do Centro de Saúde de Seixo preocupa a plataforma veciñal que tamén apoia a SOS Sanidade Pública

Carriola.Iria Aboi (*). 11.06.25

julio@carriola.es

Representantes da Plataforma veñen de dirixirse á xerencia da Área demandando a cobertura a tempo completo do segundo facultativo de Seixo ante a súa inminente xubilación e únese aos diferentes actos reivindicativos contra as listas de espera organizados por SOS Sanidade Pública cunha protesta este xoves 12 de abril diante do Centro de Saúde de Marín.

Iria Aboi

A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e Marín, vén de dirixirse á xerencia da Área Sanitaria Pontevedra – O Salnés para demandar a cobertura a tempo completo do segundo facultativo de Seixo ante a súa inminente xubilación.

A Plataforma sinala que a xubilación deste segundo facultativo vaise producir este verán sen que, ata o momento, se saiba cal é a previsión que ten a xerencia para a cobertura do seu cupo e apuntan que a incerteza e desconfianza entre a veciñanza medra conforme nos achegamos a datas estivais xa que está moi presente o inicio dos problemas no noso centro de saúde a raíz da xubilación dunha das dúas prazas de enfermería e, posteriormente, da xubilación do Dr. Martín no verán de 2021 e a decisión da xerencia da área que deixou, durante moito tempo, o cupo descuberto, sen ter ningún profesional consultando, o que derivou en moitos problemas para pacientes e persoal.

Non queremos que se volva repetir esta situación, e no escrito amosámoslle a nosa firme vontade de defender a cobertura da praza deste cupo, a tempo completo e de maneira estable, mesmo antes de se producir a xubilacióne demandamos que, de forma oficial, clara e detallada se informe, tamén por escrito, de como a Xerencia vai proceder á cobertura desta xubilación, dende o día seguinte de producirse, para garantir a atención sanitaria que ata o momento tiveron as e os pacientes e sen que se produza sobrecarga nin saturación no resto do persoal do Centro de Saúde de Seixo.

Protesta contra as listas de espera en Marín.

Asimismo, a Plataforma tamén informa de que se une aos diferentes actos reivindicativos organizados por SOS Sanidade Pública contra as listas de espera, actos  previstos para este xoves 12 de xuño cunha protesta diante do Centro de Saúde de Marín ás 20:30h.

Consideramos que a situación das listas de agarda é escandalosa e que as declaracións do Conselleiro Gómez Caamaño da pasada semana nas que afirma que as listas de espera son boas en comparación con outras comunidades autónomas son inaceptables; Son boas para quen? Supoñemos que para el e non para quen espera meses a ser atendido. Por que non falou o Conselleiro da ocultación de datos que fan, da penalización no caso de que te negues a operar na privada ou das citas solicitadas que non aparecen en buzón e non computan?.

Aademais das listas de espera que xa temos nos Centros de Saúde, hai listas de espera para primeiras consultas e revisións con especialistas, hainas para probas diagnósticas e tamén para intervencións, e moitas superan o ano de demora polo que facemos un chamamento a participar na protesta deste xoves que coincidirá con outras de xeito simultáneo en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol, Ourense, Burela, Vilagarcía, Cangas, Ribeira, Sanxenxo ou o Val Miñor.

* Iria Aboi Ferradás é a portavoz da Plataforma de defensa do Centro de Saúde de Seixo

 

roslev