Dende Placeres piden posibilidade de participación no certáme do Concello de Marín.
Carriola.Redacción.19.05.21-
O Ateneo Santa Cecilis fixo entrega na tarde de onte dos premios do concurso de narración que co gallo da celebración do Día das Letras Galegas se celebrou no seno desta entidade cultural marinense que ten neste certame un dos actos programados de cada ano.º Fixo entrega dos premios o presidente da asociación Lois González Dopazo que animou aos premiados a continuar coa súa afición á escrita e celebrou a participación dos colexios Sequelo, Inmaculada, A Laxe e Sagrado Corazón de Placeres coa presentación dun total de 89 traballos dos cales 9 foron de Edudación Especial de Placeres; 5 de estudiantes de ESO e o resto, 75 de alumnos de primaria.
O xurado calificador estivo formado pola mestra Maribel Santiago Esperón, a escritora Elena Gallego Abad e por Fernando Goldar Villar que non o tiveros doado para elexir aos gañadores.
Queixa de persoas do Colexio de Placeres
Precisamente, onte publicamos en Carriola de Marín un comentario propio coa extrañeza de que ao certame de Narración Curta Concello de Marín acudirán únicamente alumnos de dous colexios locais, O Sequelo e o Sei San Narciso, e lamentabamos esa pouca incidencia suxerindo que se faga un estudo da situación para mellorar esta convocatoria en próximas edición.
Pois a este respecto nos chega una nota dende Placeres na que textualmente reproducimos a continuación :
“Boa tarde.
Antes de nada grazas pola súa labor de informar e ternos ao tanto das novas de Marín.
Escríbolle a raíz da noticia na que pon que soamente se presentaron dous colexios no certame de narración do Concello de Marín.
A maioría do alumnado do colexio de Placeres son nenos empadroados no concello de Marín e o Concello NUNCA deixa participar ao Sagrado Corazón de Placeres en ningún concurso porque onde está situado o centro pertence ao Concello de Pontevedra, pola contra o Ateneo Santa Cecilia sempre conta con Placeres para todo e os nenos participan sempre e en moitas ocasións conseguindo premios. Xusto hoxe ás 19:45h hai unha entrega de premios onde 8 nenos do centro son premiados.
O concello sabendo isto como o sabe podería abrir a man e deixar participar.
O día que aos centros educativos de Marín lle fixeron un cribado pola alta incidencia de casos da Covid en Marín , Placeres tamén foi incluído na lista de centros para realizar as probas xa que un porcentaxe moi alto pertencía a Marín. Unha mágoa que nenos que queren escribir e non se lles deixe.
Non quero crear polémica e só aclarar a nosa opinión”.
Pues aquí queda a opinión chegada de Placeres para que quen corresponda tome nota do seu contido si houbera lugar.