Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Lucía Santos (BNG) esixe a constitución do Servizo de Normalización Lingüística de Marín

 Existe un acordo plenario unánime dende hay máis dun ano.

 Carriola.Redacción.20.05.21.

 A portavoz do Bloque Nacionalista Galego no concello de Marín denuncia o incumplimiento en materia lingüística por parte do goberno local que ostenta o PP, do acordó plenario acadado por unanimidade hai un ano e solicita a constitución do Servizo de Normalización recollido la Ordenanza Municipal.

No último Pleno, Santos Omil afeoulle a alcaldesa o incumprimento do acordó recordándolle que “os acordos plenarios están para cumprilos e este non pode ser menos, pese a que lamentabelmente xa é habitual que o goberno de María Ramallo incumpra as mocións aprobadas nas sesións plenarias.”

Lembra, por outra banda que “a saúde do noso idioma está nunha situación crítica en todo o país, cunha aceleradísima perda de falantes e cun claro retroceso na rapazada, como se constata dos estudos que se veñen realizando nas últimas décadas.” E afirma,  “esta dramática tendencia non acontece por azar, senón que se debe á política lingüicida por parte do goberno de Feijoo, e o goberno de María Ramallo non ía ser menos. O goberno municipal do Partido Popular non só non executa o recollido nunha ordenanza municipal, e acordado nun Pleno, como é a creación dun Servizo de Normalización Lingüística, senón que non leva a cabo nin unha soa actividade de promoción e fomento do galego.”

Bonitas palabras para ocasións sinaladas

Considera a portavoz nacionalista que a pesar de contar el concello cunha concellalía de normalización lingüística, “a política lingüística do goberno do PP non vai máis alá de bonitas palabras en ocasións sinaladas, mais completamente baleiras de contido, amosando unha absoluta falta de sensibilidade cara a nosa lingua, cando non de manifesta hostilidade, do mesmo xeito que o goberno do Sr. Núñez Feijóo.”

Desde o BNG entende que o Concello de Marín ten a obriga de velar polo coidado , uso e protección do idioma galego e a súa esixencia do cumprimento do acordó plenario facilitaría o levar a cabo mediadas de uso do fomento do Galego.  “A situación da nosa lingua, en claro declive tal e como ven reflectido nos estudos realizados nos últimos anos abunda Lucía Santos - esixe actuacións claras que permitan reverter a tendencia e, non facer nada, leva a desaparición da lingua, una traxedia porque en Galiza temos a inmensa sorte de posuír un idioma propio, non podemos deixalo morrer, e como dixo o insigne Castelao:“se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma.”

 

roslev