The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG demanda máis atención municipal para a Rúa do Sol

 “Lucía Santos pide medidas de control de tráfico  melloras na limpeza e no espazo de contenedores soterrados de lixo”

 Carriola.Redacción.27.05.21

O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego por medi da súa portavoz Lucia Santos fai una demanda pública en beneficio da Rúa do Sol ou Plaza do Reloxo manifestando que “Dende o comezo de lexislatura o BNG trasladou en múltiples ocasións ao goberno municipal as queixas da veciñanza e comerciantes da rúa do Sol polo paso continuado de tráfico e aparcamento incontrolado, tratándose esta dunha rúa peonil, queixas que derivaron en controis puntuais da policía municipal, mais o certo é que o tráfico nesta rúa segue descontrolado”.

Santos asegura que, estando así as cousas, volveu a dar traslado desta situación que provoca frecuentemente problemas nos accesos aos garaxes dos vecinos, na comisión de tráfico deste mes de maio, na que tamén solicitou una limpeza da rúa que acumula suciedade polo continuo paso dos vehículos”

Destaca a portavoz nacionalista que “estas queixas son continuas, tanto da veciñanza como dos comerciantes desta rúa, que lembran que malia ser unha zona peonil é imposíbel camiñar con seguridade xa que o paso de tráfico é constante.”

 

Contentores de lixo frecuentemente averiados

Ademáis preguntou na comisión de medio ambiente polo estado dos contentores soterrados que se atopan nesta rúa e están constantemente estropeados orixinando a acumulación de lixo no seu arredor. “A concelleira delegada da comisión,  Marián Sanmartín – engade Santos Omil -  respostou que estaban pendentes de ser arranxados pola empresa Recolte, encargada da xestión do lixo, mais o certo é que isto acontece dende hai dous meses e a día de hoxe, a rúa do Sol, en pleno centro histórico da vila, segue amosando unha estampa lamentábel con contentores acumulados en plena zona comercial e rodeados de lixo e colchóns”. “Non comprendo – declara finalmente - a deixadez do goberno municipal polo estado desta rúa, tanto para o benestar da propia veciñanza como para a boa imaxe do comercio local.”