Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta aposta pola gratuidade do Ensino desde a Escola Infantil ata a Universidade, segundo subliña o presidente Rueda

Carriola.XdG.16.03.26

julio@carriola.es    

O presidente do Executivo autonómico destaca que “aquí podes ser o que queiras ser, e en Galicia defendémolo con feitos” e anuncia que “O vindeiro martes ábrese o prazo para solicitar unha das máis de 10.500 prazas que se ofertan nas escolas infantís públicas autonómicas para o vindeiro curso

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, subliña a aposta do Goberno galego pola gratuidade do ensino desde os 0 anos ata a universidade. Nun vídeo difundido hoxe en redes sociais, o responsable autonómico destaca que “aquí podes ser o que queiras ser, e en Galicia defendémolo con feitos”.

Nas imaxes, gravadas en diferentes centros educativos da cidade de Pontevedra (escola infantil O Toxo; Colexio Froebel, Instituto Valle Inclán, onde estudou o presidente; Centro Integrado de FP Carlos Oroza e Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte), Rueda lembra a importancia de cada etapa educativa.

Con respecto á universidade, apunta que desde o curso 2024-25, a matrícula é gratuíta en Galicia e lembra que “isto é unha medida pioneira en toda España”. Así, a Administración autonómica consolida este curso a gratuidade da matrícula universitaria de grao e das Ensinanzas Artísticas Superiores, unha medida única a nivel estatal cuns 20.000 estudantes beneficiarios no primeiro ano de implantación.

Solicitude de prazas

A Xunta abrirá o vindeiro martes, 17 de marzo, o prazo para que as familias galegas soliciten unha das máis de 10.500 prazas que se ofertan nas escolas infantís públicas autonómicas para o vindeiro curso 2026-2027.

 Este será o quinto período escolar no que a atención educativa será 100% gratuíta para todos os nenos e nenas para todas as escolas, independentemente da súa titularidade. Galicia foi pioneira en facer gratuítas todas as escolas infantís, durante oito horas ao día e once meses ao ano. Unha medida que está a disposición de máis de máis de 32.000 familias, que lles permite aforrar ata 4.000 euros ao ano e na que a Xunta inviste máis de 68 M€ de fondos propios. Galicia lidera a taxa de escolarización no primeiro ciclo de Infantil con case un 65% de matriculación, 15 puntos por riba da media nacional.

roslev