Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Ateneo Santa Cecilia convoca o tradicional concurso escolar “Marín Conta” co gallo do Día das Leras Galegas

Carriola.Redacción.08.04.26

julio@carriola.es   

O Ateneo Santa Cecilia de Marín convoca o XII Concurso de Relato Curto “Marín Conta  Letras Galegas 2026, aberto á participación do alumnado dos centros de ensino de Marín e, atendendo á súa proximidade xeográfica, tamén a Placeres.

Poderá participar todo o alumnado que o desexe, de Educación primaria, e Educación secundaria, cun único texto de creación literaria en lingua galega e cunha extensión máxima de 2 folios a unha soa cara (os traballos que superen esta extensión quedarán descualificados inmediatamente do concurso). Os traballos deberán presentarse mecanografados, empregando o tipo de letra “Arial”, en tamaño 12 e a dobre espazo. Non obstante, no caso de escolares de primaria de 1º e 2º ciclo, acéptanse traballos manuscritos.

CADA COLEXIO PODERÁ PRESENTAR UN MÁXIMO DE 12 TRABALLOS POR CATEGORÍA

Tanto a temática como o xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos, non estar premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.

Os relatos presentaranse cun “lema” pola parte traseira da última folla e sen o nome do/a autor/a. O centro escolar xuntará aos traballos un sobre onde, para cada lema, aparezan os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a, curso, colexio, enderezo postal ou correo electrónico e teléfono, facendo constar tamén a categoría na que participan. Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com) e, o prazo de recepción dos traballos remata ás 20:00 horas do MARTES, 28 de ABRIL de 2026. 

Xurado e premios

O Xurado estará formado por tres persoas e o seu fallo será inapelable, podendo declarar desertos os premios dunha ou máis categorías se así o considera. O xoves 14 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso. O fallo e entrega de premios terá lugar o venres 15 de maio ás 20:00 h no local do Ateneo Santa Cecilia.

Establécense tres premios por cada categoría:

Primaria A (1º, 2º e 3º)

1º premio: 60€; 2º premio: 40€; 3º premio: 30€

Primaria B (4º, 5º e 6º)

1º premio: 70€; 2º premio: 50€; 3º premio: 40€

ESO

1º premio: 80€; 2º premio: 60€; 3º premio: 50€

OS PREMIOS PODERÁN CANXEARSE EN CALQUERA LIBRERÍA DE MARÍN

Ademais, todas as persoas finalistas recibirán un diploma acreditativo da súa participación.

Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación así como a difusión da autoría do texto e a imaxe do seu autor ou autora.

O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados ao concurso.

As persoas participantes aceptan as presentes bases así coma o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do xurado. O incumprimento de calquera dos puntos das bases descualificará, de inmediato, o traballo presentado.

roslev