Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Entrega dos primeiros premios da campaña “As Compras que Volven” e do “Escaparate Dixital”

Carriola.Estrela de Marín.15.04.26

julio@carriola.es   

O Centro Comercial Aberto continúa co desenvolvemento da súa campaña de dinamización comercial, que combina sorteos por compras, visibilidade para os negocios asociados e accións en redes sociais

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín vén de realizar o primeiro dos sorteos quincenais incluídos na campaña “As Compras que Volven”, unha iniciativa posta en marcha para incentivar o consumo no comercio local, premiar a fidelidade da clientela e reforzar o uso do Club de Fidelización Comercio de Marín.

Esta campaña, que se desenvolve entre o 30 de marzo e o 30 de abril, permite ás persoas consumidoras participar a través do rexistro dixital dos tickets de compra realizados nos establecementos asociados. Entre todas as participacións validadas, realízanse sorteos quincenais nos que as persoas gañadoras recuperan o importe da súa compra, acumulándoo na súa tarxeta do club de fidelización.

Neste primeiro sorteo quincenal resultaron premiadas as seguintes persoas:

* Belén Trabazo Portela e Pablo Juvino García por compras realizadas en Atleet Marín , Deportes Xesta,

* Silvia Villamil Cabal (compra en Espazo Lector Nobel),

* Carolina Iglesias Davila (Perruquería Elena Cortegoso) e

* Julia Domínguez Piñeiro (Orballo da Ponte).

Tal e como establecen as bases da campaña, o importe dos tickets premiados acumúlase nas tarxetas das persoas gañadoras, cun máximo de 50 euros por ticket. Neste primeiro sorteo, o importe total devolto en tickets ascende a 202,90€.

Desde Estrela de Marín subliñamos que esta primeira resolución confirma a boa acollida dunha campaña que busca estimular a compra no comercio local e recompensar de forma directa a confianza da clientela nos negocios locais. De momento lévanse movilizados en compras, un total de 19.005,93€.

Acción paralela en redes sociais

Xunto ao desenvolvemento do primeiro sorteo quincenal, o CCA levou a cabo tamén en Instagram a acción “Escaparate Estrela Dixital”, unha proposta de fidelización e promoción comercial deseñada para dar visibilidade aos produtos dos establecementos asociados e aumentar a interacción coa comunidade dixital.

A iniciativa consistiu na publicación dun escaparate dixital composto por produtos de diferentes negocios participantes, convidando ás persoas usuarias a adiviñar o seu valor total a través dos comentarios. Neste caso, o valor total do escaparate era de 658,99€ e quen máis se aproximou ao prezo real sen superalo, foi @paulabaltasarr que puxo 655€, resultando gañadora dunha tarxeta regalo de 30 euros para gastar no comercio local, que recolleu na sede social da asociación.

Con esta acción, Estrela de Marín reforza unha das liñas estratéxicas da campaña: combinar a dinamización comercial tradicional con ferramentas de participación dixital, ampliando así o alcance da iniciativa e favorecendo a presenza dos negocios asociados tamén nas redes sociais.

A campaña continúa aberta ata o 30 de abril

A campaña “As Compras que Volven”, que conta coa cofinanciación da Xunta de Galicia e coa colaboración do Concello de Marín, continuará activa ata o 30 de abril, polo que a clientela aínda pode seguir participando a través da web www.comerciodemarin.com/sorteos, rexistrando os tickets das compras superiores a 10 euros realizadas nos establecementos asociados.

A programación pecharase ese mesmo día cunha Mini Feira con 15 xogos tradicionais, que se desenvolverá en horario de tarde na Alameda Rosalía de Castro, ou no Multiusos da Praza de Abastos en caso de mal tempo. Para participar nesta actividade final será necesario presentar un ticket de compra e acreditar a condición de socio do Club de Fidelización Comercio de Marín.

roslev