Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Nova preocupación do BNG esta vez pola demora na inauguración do Centro Cultural (Auditorio)

 Carriola.Lucía Santos Omil.18.04.26

julio@carriola.es   

O BNG manifesta a súa preocupación polos reiterados atrasos na inauguración do Centro Cultural, así como pola incerteza que rodea a celebración de eventos anunciados polo goberno local, entre eles a Gala do Deporte, prevista inicialmente para o pasado 20 de febreiro e presentada no mes de xaneiro, ou a terceira edición do Festival Cine do Mar, que se celebrará do 20 ao 26 de abril e que tivo que cambiar de espazo para a súa celebración.

A inauguración do centro cultural continúa sen data oficial, nun contexto marcado por sucesivos cambios nas previsións de apertura dun edificio que acumula anos de execución, prórrogas e modificacións do proxecto inicial. A apertura, anunciada nun primeiro momento para o primeiro trimestre de 2026, foi posteriormente aprazada por cuestións técnicas relacionadas coa conexión eléctrica. Porén, unha vez resolta esta incidencia, o goberno local segue sen concretar unha data definitiva.

Tamén denunciamos as continuas incidencias estruturais detectadas no inmoble, como problemas de filtracións de auga e intervencións recentes na cuberta por parte de operarios. Estas cuestións xa foron trasladadas na comisións informativa de urbanismo do pasado mes de marzo, sen que  se obtivesen explicacións por non ter coñecemento dos feitos  por parte do concelleiro de urbanismo.

Para o BNG, esta situación evidencia unha “falta de planificación”, así como deficiencias na execución da obra e unha xestión “pouco transparente” por parte do goberno municipal, ao que responsabilizan tamén dos sobrecustes e das sucesivas modificacións do proxecto.

Lucía Santos Omil e a voceira do Grupo Municipal do BNG.

roslev