Carriola.Redacción.20.04.26
O Ateneo Santa Cecilia recorda a proximidade da celebreción dos concursos de “Maios e Embarcacións” e tamébn do “Marín Conta”, o primeiro na súa 73 edición e o segundo, de redacción escolar que fai a decimosegunda e que, para participar en ambos hay que ter en conta as datas de finalización da inscrición correspondente.
NO caso dos maios e embarcacións, a data de finalización da inscrición serà o próximo venres día 24 ás oito da tarde momento en que se pecharà a mesma de xeito definitivo.
Convén repasar as bases do concurso que contemplan unha limitación da idade dos participantes que vai desde os nenos e nenas de segundo curso de Eduación Infantil ata o alumnado de segundo curso de Bacharelato.

Un dos maios presentados no ano 2003
1.- Os MAIOS terán forma cónica e os armazóns poderán estar feitos con calquera material. Terán que ter unha altura mínima (dende o agarre) de 1.30m. e na súa decoración exterior só se empregaran elementos naturais (no caso de ter que utilizar alfinetes, estes serán da cor da flor (brancos para flor branca e amarelos para flor amarela) e o exceso na utilización de silicona (sempre e cando se vexa demasiado), minguará a nota.

Barcos do ano 2003 do San Narciso recuperados pola Asocición Tenlo"
2.-As EMBARCACIÓNS serán de construción artesanal.
3.-A COROA deberá respectar as formas tradicionais dos maios de Marín e estará recuberta con material vexetal.

Unha coroa do ano 2010
Non se permitirán nin puntuarán engadidos de figuras ou outros símbolos non tradicionais, tendo coidado en que non se vexa o ferro da estrutura xa que puntuaría en negativo.
4.- Os grupos que desexen participar neste concurso, teñen que facer a súa inscrición antes das 20:00 horas do venres 24 de abril (pasada a hora de entrega, non se admitirán a concurso). Para elo, deberán cubrir a folla de inscrición que poden recoller na secretaría do Ateneo, sita na rúa do Forno 42 – baixo, en horario de luns a venres, de 18:00 a 20:30h. Á dita solicitude deberán xuntar 2 copias da letra coa que vaian participar neste concurso.
5.- A valoración dos grupos participantes farase mediante un XURADO nomeado polo Ateneo que puntuará de 1 a 10 a cada maio ou embarcación en cada un dos apartados correspondentes; puntuación que se fará pública ao remate do concurso. Este Xurado contará cunha persoa secretaria do Ateneo e o seu fallo será inapelable.
6.- Os apartados do concurso para MAIOS serán: letra-construción-coroa e interpretación.
Para EMBARCACIÓNS: letra e interpretación a non ser que a embarcación sexa de nova creación e entón tamén se valorará a construción, tendo dereito, se así o valora o xurado a un premio neste apartado.
7.-Tódolos grupos recibirán unha axuda económica polo simple feito de participar, ademais da tradicional rosca e o chocolate para as persoas compoñentes.
8.- As coplas deberán ir escritas en galego e serán de libre composición.
9.- Na interpretación cantaranse durnte o concurso, 4 estrofas se son de 4 versos e 2 se son de 8, máis a última, e empregaranse as melodías tradicionais tanto no caso dos maios como das embarcacións.
10.- A relación e contía dos premios farase pública nos medios de información local.
11.- Os grupos participantes terán, obrigatoriamente, que concentrarse ás 12:30 horas na alameda Rosalía de Castro, no entorno do palco da música (nos círculos pintados no chan), e ás 17:00 horas, na Praza do Reloxo (a non ser que a organización lles comunique o contrario por mor de condicións climáticas adversas).
12.-A participación no concurso obriga á aceptación destas bases.
CONCURSO DE RELATO CURTO “MARIN CONTA”

Un pouco máis de marxen terán os participantes no concurso de Relato cuurto “Marín Conta” convocado co gallo da celebración das “Letras Galegas”,pois a data de entrega final dos traballos está sinalada para o martes día 28 ás oito da tarde
Recordamos tamén as condicións que o Ateneo pon para a participación neste certamen que fai o doce da súa traxectoria histórica;
Poderá participar todo o alumnado que o desexe, de Educación primaria, e Educación secundaria, cun único texto de creación literaria en lingua galega e cunha extensión máxima de 2 folios a unha soa cara (os traballos que superen esta extensión quedarán descualificados inmediatamente do concurso). Os traballos deberán presentarse mecanografados, empregando o tipo de letra “Arial”, en tamaño 12 e a dobre espazo. Non obstante, no caso de escolares de primaria de 1º e 2º ciclo, acéptanse traballos manuscritos.
CADA COLEXIO PODERÁ PRESENTAR UN MÁXIMO DE 12 TRABALLOS POR CATEGORÍA
Tanto a temática como o xénero narrativo serán libres, establecéndose como única condición que o relato aconteza en Marín. Os textos presentados deberán ser inéditos, non estar premiados en ningún outro certame anterior, nin estar pendentes de resolución doutro concurso.
Os relatos presentaranse cun “lema” pola parte traseira da última folla e sen o nome do/a autor/a. O centro escolar xuntará aos traballos un sobre onde, para cada lema, aparezan os seguintes datos: nome e apelidos do/a autor/a, curso, colexio, enderezo postal ou correo electrónico e teléfono, facendo constar tamén a categoría na que participan. Os traballos deberán presentarse na sede do Ateneo Santa Cecilia de Marín (Rúa do Forno, nº 42, baixo - 36900 · Marín · Pontevedra). Poderán entregarse en persoa ou remitirse por correo electrónico (ateneosantacecilia@gmail.com) e, o prazo de recepción dos traballos remata ás 20:00 horas do MARTES, 28 de ABRIL de 2026.
Xurado e premios
O Xurado estará formado por tres persoas e o seu fallo será inapelable, podendo declarar desertos os premios dunha ou máis categorías se así o considera. O xoves 14 de maio daranse a coñecer os traballos finalistas en cada unha das tres categorías do concurso. O fallo e entrega de premios terá lugar o venres 15 de maio ás 20:00 h no local do Ateneo Santa Cecilia.
Establécense tres premios por cada categoría:
Primaria A (1º, 2º e 3º)
1º premio: 60€; 2º premio: 40€; 3º premio: 30€
Primaria B (4º, 5º e 6º)
1º premio: 70€; 2º premio: 50€; 3º premio: 40€
ESO
1º premio: 80€; 2º premio: 60€; 3º premio: 50€
OS PREMIOS PODERÁN CANXEARSE EN CALQUERA LIBRERÍA DE MARÍN
Ademais, todas as persoas finalistas recibirán un diploma acreditativo da súa participación.
Os textos premiados quedarán en poder do Ateneo Santa Cecilia de Marín que se reserva o dereito da súa publicación así como a difusión da autoría do texto e a imaxe do seu autor ou autora.
O Ateneo Santa Cecilia non devolverá os orixinais presentados ao concurso.
As persoas participantes aceptan as presentes bases así coma o fallo do xurado. Para todas aquelas cuestións non previstas nos apartados anteriores, aplicarase o criterio inapelable do xurado. O incumprimento de calquera dos puntos das bases descualificará, de inmediato, o traballo presentado.