Carriola.Yonathan Carreira Figueiras (*) .23.04.26
O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín foi recoñecido polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa cunha Mención na categoría de Centros Comerciais Abertos nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2025, segundo a comunicación oficial recibida pola entidade.

Jonathan Carreira
O galardón destaca o labor desenvolvido en Marín na dinamización do comercio local, a creación de campañas innovadoras, a revitalización urbana e a capacidade de mobilizar á cidadanía arredor do comercio de proximidade. A Subdirección General de Regulación y Apoyo al Comercio Interior trasladou ademais a súa felicitación polo traballo realizado.
A entrega dos premios celebrarase o 29 de abril, en Toledo, nun acto institucional que reunirá ás iniciativas máis destacadas do sector a nivel estatal.
Desde Estrela de Marín estimamos que este recoñecemento supón un impulso extraordinario para o comercio da vila e un aval ao esforzo conxunto de establecementos, profesionais, administracións e veciñanza e ven a sumarse ao do ano pasado da Xunta de Galicia que distinguira á campaña

“O Escaparate Estrela” como a mellor acción de dinamización comercial de toda a provincia de Pontevedra.
A entidade continúa traballando en novas accións e campañas destinadas a fortalecer o tecido comercial e a consolidar Marín como referente en dinamización e comercio de proximidade.
(*) Yonathan Carreira Figueiras – Director Xerente do C.C.A. Estrela de Marín