Carriola.C.deM..15.05.26
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, e a directora da biofábrica de Ence, Esther Couceiro, presentaron xunto coa Libraría Nobel e a Asociación Intercambio do Saber a programación da “Vila de Letras” na que tomaràn protagonismo especial Pedro Feijoo, María Solar, David Gago, Olaia Sendón ou Alba Tomé nestas xornadas de celebración das Letras Galegas
O Concello de Marín presenta o programa completo de 'Vila das Letras', o evento literario que entre os días 15 e 17 de maio converterá a Alameda Rosalía de Castro do municipio nun gran punto de encontro arredor da literatura galega, a lectura e a escrita.
Co lema As letras cobran vida, a programación combina encontros con autoras e autores, obradoiros de escrita creativa, contacontos, música tradicional e actividades para toda a familia, nunha proposta aberta, gratuíta e participativa.
A concelleira de Cultura, Marián Sanmartín, e a directora da biofábrica de Ence, Esther Couceiro, presentaron xunto coa Libraría Nobel e a Asociación Intercambio do Saber a programación completa do evento, que sufre un pequeno retraso nos horarios para compatibilizarse coa inauguración do Auditorio.
Sanmartín recorda que esta é “Unha aposta clara por ter un espazo literario na vila nunha fin de semana tan clave como é o das Letras Galegas, traendo a autores, tengo conversas e con propostas para todo tipo de idades”.
Couceiro pola súa parte asegurou que con esta data “celébrase a palabra, a literatura, a educación e é un exemplo de como a cultura pode ser un motor de desenvolvemento e orgullo local”.
Tres días de literatura, música e encontros
* HOXE VENRES 15 DE MAIO:
- Ás 18.00 horas co contacontos familiar O Carballo con Botas, a cargo de Anxo Moure no espazo infantil da Alameda.
- Ás 19.30 horas, o escritor marinense David Gago protagonizará un percorrido pola súa obra en conversa co especialista en cultura pop Miguel González.
- Ás 20.30 horas, Pedro Feijoo falará da súa traxectoria co xornalista Ramón Mella, con firma de exemplares ao rematar,
- Ás 22.00 horas os Saljariteiros ofrecerán unha actuación.
* O SÁBADO 16 DE MAIO
- Ás 10.00 horas no Museo Torres coa primeira sesión do obradoiro de escrita creativa para adultos conducido por Elena Gallego Abad, Rachando titulares na era da desinformación: novas, bulos e creación literaria, baseado na obra narrativa e no traballo xornalístico de Begoña Caamaño.
As prazas son limitadas (máximo 15) e require inscrición previa en alcaldia@concellodemarin.es. Ás 11.00 horas, o espazo infantil da Alameda acollerá o obradoiro Fai a túa páxina de papel, con Eulogio Rosales, aberto a toda a familia.
- Ás 12.00 horas, a Biblioteca Vidal Pazos acollerá o contacontos infantil A tecedora de historias, de Suricata Teatro, mentres que na alameda Alba Tomé presentará As humidades, finalista do Premio Illa Nova de Narrativa, en conversa coa xornalista Chus Gómez Dorrego.
- Ás 13.00 horas, Olaia Sendón presentará Tras da mirada de José Suárez, acompañada por Carolina Sertal, cunha instalación do proxecto Perpetuando que permitirá á cidadanía xogar a recrear algunhas das fotografías máis icónicas do artista.
- Á tarde do sábado continuará coa segunda sesión do obradoiro de Elena Gallego Abad ás 16.00 horas no Museo Torres.
- Ás 18.00 horas, o espazo infantil da Alameda acollerá o contacontos La vida que se da, con Claudia Prado, acompañado dun obradoiro de elaboración de tartarugas para nenas e nenos de 4 a 9 anos (máximo 20 participantes, con presenza obrigatoria dun adulto).
- Ás 19.00 horas, María Solar presentará As malas ideas en conversa coa escritora Elena Gallego. O evento pecharase ás 20.30 horas coa actuación de Nelson Quinteiro, Máis Cantos - Letras Galegas no corazón do canto!
* O DOMINGO 17 DE MAIO, día grande das Letras Galegas
- Durante toda a xornada, de 11.00 a 20.00 horas, a Alameda acollerá tamén a Feira do Libro usado Unha dorna de libros, un mar de ilusión, organizada pola Asociación de Mulleres Intercambio do Saber.
- Ás 11.00 horas, a ilustradora Chus Rojo conducirá o obradoiro Ilustra a túa páxina de papel para nenos e nenas de 7 a 12 anos (máximo 20 participantes).
- Ás 12.00 horas terá lugar o acto institucional polo Día das Letras Galegas, coa entrega do Premio de Poesía do Concello de Marín,
- Ás 12.30 horas un obradoiro con performance de radio para achegar á cativada á vida de Begoña Caamaño, con reparto de exemplares de Begoñísima, da autora local Andrea Nunes Brión.
- Ás 18.00 horas, Trémola Teatro ofrecerá o contacontos As letras que voan con nome de muller, financiado a través do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.
- Ás 19.00 horas, peche institucional co concerto da Banda de Música de Marín e a tradicional queimada popular.
Actividades de balde e pendentes do tempo
Toda a programación é de balde e, en caso de chuvia, as actividades ao aire libre trasladaranse ao Museo Torres ou á Biblioteca Municipal.
O evento está patrocinado polo Plan Social de Ence e organizado polo Concello de Marín.