Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Xunta, Concello e Estrela de Marín clausuran o bloque informativo en IA no que participaron comerciantes marinenses

 Carriola.Jonathan Carreira (*).15.05.26

julio@carriola.es     

A Xunta de Galicia e o Concello de Marín clausuran o bloque formativo en IA para ocomercio local, no que participaron 17 comerciantes e desenrolouse durane os primeiros días desta mesma semana

O Centro Comercial Aberto Estrela de Marín celebrou este xoves a clausura do bloque formativo “IA aplicada ao comercio local”, unha iniciativa dirixida a impulsar amodernización do tecido comercial da vila e a introducir o uso práctico da Intelixencia Artificial na xestión diaria dos negocios.

O acto contou coa presenza do director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, D. Gabriel Alén, quen destacou o valor desta formación para reforzar a competitividade do comercio local. Estivo acompañado polo concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González, que subliñou a importancia de achegar ferramentas dixitais ao pequeno comercio.

Un total de 17 comerciantes de Marín participaron neste programa, deseñado para que cada profesional poida incorporar a IA como asistente real no seu establecemento, mellorando a produtividade, a comunicación e a planificación comercial.

A actividade estivo cofinanciada pola Xunta de Galicia e contou coa colaboración do Concello de Marín, que cedeu os equipos informáticos necesarios para o desenvolvemento da formación.

O contido da xornada abordou catro áreas fundamentais:

- comprensión da IA e o seu uso no comercio local,

- aplicación práctica en comunicación e creación de contidos,

- planificación e organización de tarefas,

- apoio á toma de decisións e análise de oportunidades.

Desde Estrela de Marín salientan que esta acción “reflicte o compromiso da entidade coa modernización do comercio local e coa dotación de ferramentas que permitan competir nun mercado cada vez máis dixitalizado

A presenza do Director Xeral de Comercio e Consumo, serviu tamén para ter unha primeira toma de contacto co novo presidente do CCA Estrela de Marín,

D. Antonio Muíños Sedano que ven de sustituir a D.Catalina Conde Manso, no cargo de presidencia tralo proceso electoral, celebrado hai uns días.

(*)Yonathan Carreira Figueiras, Director Xerente Centro Comercial Aberto Estrela de Marín

roslev