Carriola.Reacción.17.05.26
Desde o pasado xoves vense celebrando en Marín a “Vila de Letras” con un contido denso de actividades programadas polo concello que teñen hoxe o seu punto e final con, entre outros actos, o da entrega do premio de poesía “Concello de Marín” a María Álvarez Martínez e tamèn un accesit a Antón de Dios Riveiro
O acto institucional da xornada de hoxe, “Día das Letras Galegas”, dará comenzo ás doce do mediodía e nel farase entrega do Premio de Poesía Concello de Marín a gañadora do certamen, María Álvarez Martínez pola súa obra “Outros Contiños de Canterbury”. A autora premiada é licenciada en Filoloxía inglesa. Actualmente, exerce como profesora no ensino secundario. Residiu dous anos nos Estados Unidos, o que inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo: Dakota. No 2025 foi galardonada coa Residencia Literaria Aodh Ruadh Ó Domhnail (Irlanda). Compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas.
No mesmo acto recibirà o accesit do concurso Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985), polo sei poema “Do meu nome”. Dios Rivero é Licenciado en Tradución e Interpretación pola UVigo con dous mestrados, un en Traducción Multimedia e Audiovisual e outro en Formación do Profesorado. Actualmente, exerce como docente de inglés no IES Terra de Soneira de Vimianzo. Ten publicadas varias obras: As Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e Apatria. Ademais, gañou o segunfo premio no XVIII concurso de poesía das Terras do Chamoso.
Outros actos do programa
Segundo aparece na programación oficial, durante a xornada de hoxe haberá outros actos moi interesantes dentro da exaltación das nosas “Letras Galegas”: Así:
- De 11.00h a 20.00h, feira do libro usado “Unha dorna de libros, un mar de ilusión” organizada polas Mulleres Intercambio do Saber.
- Acto Institucional: Ás 12.00h terá lugar a entrega do XXIII Premio de Poesía do Concello de Marín, co recital da persoa que resulte gañadora. O xurado reúnese esta semana e o fallo darase a coñecer o 14 de maio.
- Infantil: Obradoiro de ilustración con Chus Rojo (11.00h) e unha performance de radio da editorial Cuarto de Inverno sobre a vida de Begoña (12.30h), onde se repartirán exemplares de Begoñísima da autora local Andrea Nunes Brión.
- Remate: A tarde contará co contacontos “As letras que voan con nome de muller” de Trémola Teatro (18.00h) e o concerto da Banda de Música de Marín, cun peche tradicional de queimada.
Éxito onte do grupo “Máis Cantos” con Nelson Quinteiro

Os actos da tarde de onte tiveron como remate a actuación do grupo “Máis Cantos” baixo a dirección de Nelson Quinteiro na alameda Rosalía de casro once encandilaron a un numeroso público que gozou coas cancións populares interpretadas co corazón de todos e todas as compoñentes do grupo que se acompañaron nas mesmas co ritmo dos libros que portaban como homenaxe al Día das Letras Galegas.