Carriola.Redacción.21.05.26
O vindeiro sabado 23 vai ter lugar a penúltima das edicions deste ciclo do mercado3r no parque Eguren de Marín o que os actuais membros da directiva da “ANPA Sequelo” encaran a súa recta final coa intención de pasar o testemuño deste maravilloso proxecto aos que virán.
Esta edición do mercado faise pensando no relevo neste eido que parece estar ainda en entredito xa que a organización do mercado require de tempo e esforzo e de moitas mans para levalo a cabo, e non sempre se pode dispoñer delas. A actal ANPA, con esta , conta 11 as edicions as suas costas e teñen intención de cubrir unha derradeira en xuño a espera de saber quen poderá dar a continuidade a un proxecto que valoran como fantástico por moitos motivos.
Mais alá do evidente das súas 3R. REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR. a comunidade educativa do Sequelo salienta que o proxecto formou este curso parte do plan de convivencia do centro, axudou a financiar excursions e actividades dos rapaces. Puxo en valor o traballo, a dedicación e o esforzo das familias e sobre todo dos implicados vendedores que a súa temprana idade aprenderon a atender os clientes, montar e defender o posto, trocar os cartos, negociar os prezos, dar valor as suas cousas e a ter a capacidade de desprenderse de aquelas que xa non utilizan.
Ademais canda eles se reunen outras persoas e asociacions interesadas no proxecto que xa forman a través do seu grupo de WhatsApp unha comunidade capaz de dar resposta cando se lles convida a algunha actividade como foron os eventos do segundo premio e o tinglado de Pontevedra ou mais recentemente o III Festival das Letras.
Esperemos que esta actividade tan completa non esmoreza neste ciclo e poidamos perpetuar en Marin un referente educativo e de sostibilidade coma este. Namentres non perdades a oportunidade de acudir este Sábado o Eguren de 11 a 13:30 e disfrutar desta edición.