Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG considera que o PP fai política de cara á galería coa praia canina de Ardán

 Carriola.23.05.26

julio@carriola.es   

  

Celia García (*)

A proposta do goberno local para a praia canina non responde á demanda real das familias con mascotas, escolle un espazo pouco accesible e ademais anúnciase sen ter iniciada a modificación da ordenanza municipal necesaria para a súa posta en funcionamento

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) defendeu, no último pleno municipal celebrado o 14 de maio, o seu compromiso coa creación de espazos adaptados para mascotas e criticou a falta de planificación do goberno local na proposta anunciada para habilitar unha praia canina na Praia da Ribeira Pequena.

Consideramos que a ubicación escollida non reúne as condicións adecuadas para cumprir a finalidade anunciada. Trátase dun espazo de dimensións moi reducidas, practicamente inexistente coa marea alta, con pouca superficie de area cunha elevada presenza de pedras e rochas, e importantes dificultades de acceso e aparcamento nas proximidades.

Ademais lembramos que, a actual Ordenanza Xeral de Protección Medioambiental do Concello de Marín, prohibe expresamente a presenza de animais nas praias durante a tempada estival, polo que resulta imprescindible tramitar previamente unha modificación normativa antes de anunciar a entrada en funcionamento dunha praia canina.

Lamentamos tamén as declaracións realizadas pola concelleira de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, tras o pleno, nas que se acusaba ao BNG de “non querer dar resposta ás necesidades da veciñanza”. A abstención do Bloque na moción non responde a un rexeitamento da medida, senón á maneira na que o goberno local do PP está pretendendo executala. Resulta sorprendente que quen leva anos ignorando as propostas do BNG e dunha parte importante da veciñanza pretenda agora presentar ao Bloque como contrario a estas demandas. O noso compromiso está demostrado con iniciativas, traballo e apoio social”, conclúen.

Neste sentido, desde o BNG lembramos que levan anos trasladando propostas para adaptar os espazos públicos ás novas necesidades das familias con mascotas, con iniciativas presentadas xa en 2022 para a creación dun parque canino e unha nova moción impulsada en 2024 para estudar diferentes áreas recreativas, unha proposta que contou ademais co apoio de 1.504 sinaturas veciñais.

Desde o BNG consideramos estas afirmacións profundamente inxustas e faltas de memoria, lembrando que levan anos trasladando propostas para adaptar os espazos públicos ás novas realidades sociais e ás necesidades das familias con mascotas.

(*)Celia García Santomé, Concelleira do Grupo Municipal do BNG.

roslev