Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Mariña Rey mostra no Ateneo Santa Cecilia desde hoxe ata o día 18, a exposición “Había unha vez”

Carriola.Redacción.04.06.26

julio@carriola.es  

Desde hoxe xoves 4 de xuño a sede do Ateneo Santa Cecilia acolle a mostra “Había unha vez”, a nova exposición de Mariña Rey. A inauguracion será ás 0ito da tarde e a entrada  libre e de balde ata completar a capacidade do local.

A obra de Mariña Rey é doce, divertida e sensible. A artista traballa, entre outros, ao redor do xogo, as posibilidades da ilustración expandida máis aló do bidimensional, e temáticas diversas como o duelo e a perda, impulsadas polo seu interese na psicoloxía e as experiencias persoais de carácter universal.

Nesta mostra atópanse algúns exemplos destas inquedanzas, e conta con orixinais do seu álbum ilustrado "Cando chega o outono", finalista en 2024 nos premios Follas Novas na categoría a mellor álbum ilustrado e pódense atopar obras expostas anteriormente así como obras inéditas de carácter lúdico, sen sacrificar a súa profundidade conceptual.

A exposición estará aberta ao público no Ateneo do 4 ao 18 de xuño e podera ser visitada de luns a venres, en horario de 18:00 h a 20:30 h.

roslev