Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Xunta destaca a implicación dos comerciantes no éxito dos “bonos activa” que mobilizaron mais de 11M de euros en vendas

Carriola.Cons.Comercio.03.06.26

julio@carriola.es  

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, puxo de relevo a implicación dos comerciantes en accións de dinamización do sector como os Bonos Activa Comercio, onde na primeira edición deste ano participaron uns 6.400 establecementos de proximidade.

Neste contexto, expuxo que esta primeira edición de 2026, que arrancou o pasado mércores 27 de maio, pechou hoxe tras mobilizar máis de 11,1 M€ en vendas na Comunidade. Lembrou que a ela o Goberno galego destinou un orzamento de 2,5 M€ coa previsión de investir inicialmente 5 M€ en todo 2026 para aplicar descontos individuais de ata 30 euros.

Ademais, subliñou que, do mesmo xeito que no 2025, este ano a adhesión dos establecementos —aberta o pasado 27 de marzo— realízase unha única vez para todas as edicións desta anualidade, co obxectivo de gañar axilidade e reducir trámites burocráticos.

A isto como novidade engadiuse un sorteo nas contas oficiais da Xunta en TikTok e Instagram de catro premios adicionais de 250 euros para gastar nunha ou varias tendas adheridas á campaña. O obxectivo, destacou, é reforzar esta medida consolidada, que só o ano pasado conseguiu mobilizar máis de 22,3 M€ en máis de 7.400 establecementos, superándose agora os 133 M€ en vendas desde a primeira edición de 2021.

Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030

Accións consolidadas como os Bonos Activa Comercio, así como o apoio destinado ao sector, especificou José González, reflíctese no Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030, dotado con 320 M€ e máis de 70 accións. Unha ferramenta, salientou, na que a colaboración público-privada é fundamental como mostra a Mesa do Comercio de Galicia, un órgano de participación constituído recentemente que reforza a cooperación entre administracións e sector.

En relación cos apoios recollidos no plan e que tamén foron obxecto da xornada, destacou as axudas que poñen o foco na innovación e na sustentabilidade do sector comercial, dotadas este ano con preto de 4 M€; o impulso ás prazas de abastos para promover a súa certificación como Mercados Excelentes e o reforzo da formación, coa posta en marcha do Plan de Formación do Comercio Galego. Tamén puxo en valor outras iniciativas enfocadas a recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e desta actividade como xeradora de emprego e dinamizadora da economía local e vertebradora do territorio. Entre elas, os Premios do Comercio Galego, que teñen aberto ata o 15 de xuño o prazo para presentar candidaturas.

Ademais, referiuse a outros apoios como os destinados ao colectivo de autónomos,  onde destaca a orde única dotada con 40,7 M€ e con prazo de solicitude aberto ata o 30 de setembro. Trátase dun conxunto de medidas coas que o Goberno galego busca dar resposta aos retos actuais do sector, entre eles a remuda xeracional, e reforzar a competitividade do comercio de proximidade en todo o territorio, engadiu.

roslev