Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Do Cartafol de Manuel Torres

Do Cartafol de Manuel Torres

Volvemos a sonsacar un escrito de Manuel Torres, que foi máis que un gran pintor, da recompilación feita polo Ateneo Santa Cecilia no ano 1986 de moitas das súas escritas que titulou Do meu Cartafol e hoxe traemos unha referencia á festa do Corpus, moi oportuna polas datas que corren neste intre. Coma sempre respectmos a escrita do autor íntegramente.

Carriola.08.06.21

 

O Vello Corpus Marinense

O estoupido de cen bombas

despertou o novo día

resoneando no outo ceo

Grande estronicio facía.

 

A ialba como una ninfa,

de tul dorballo cinguida

pouco a pouco, mainamente

do fol da noite surdía.

 

Namentras, da vella igrexa

de vagariño saían

as bateladas do Anxelus

que o monaguillo tanguía.

 

Érguete xa, Maripepa

que alborexa o santo día.

Hoxe hai fume na igrexa

e nas rúas alegría.

 

Daquela ó lonxe resoa

repenicadora e crara

a algareira melodía

que toca una vella gaita.

 

O gaiteiro que a toca

señor Marañón se chama

que no alto de Sidrás

ten aberta a súa casa.

 

A gaita madrugadora

entra na vila orballada

aledando ó vesindario

cos aires dunha alborada.

 

A vila, conxunto urbán

de casas acoguladas

apatuñadiñas todas

á beira da mar salgada

ten rúas moi estreitiñas

case todas empedradas

que suben e baixan todas

en disposición radiada

para ir deica o pe da igrexa

como sentro da súa trasa.

 

Baixo o gran fanal do ceo

hoxe a vila cheira a campo

as campanas voan ledas

niste grande día santo

 

Velehí ven a prosesión

polas rúas encostadas

tripando polo camino

alfombra ben aromada

de espadaina e fiuncho

e mentraste en abundansia

o gaiteiro vai diante

marcando o paso coa gaita

i os rapases no seu mundo

rechouchían coa espadaina.

 

Polas paredes branqueiras

baixa moi leda a riada

de colchas de mil coores

en retesía loubada.

 

Polas rúas mariñeiras

vai pasando a prosesión

cen ollos dinde as fiestras

óllanna con devosión.

 

Atrás vai o Santísimo

baixo o palio proteutor

que levan seis homes vellos

con respeto e devosión.

 

Escoltando, a cada lado

van as fías con fachóns

alumeando ó Santísimo

asegún a tradición.

 

Diante do palio os santiños

enfiados alá van

marcando o paso coa gaita

ladeándose a compás.

 

A Patrona co estandarte

San Miguel co seu pendón

outros sin pendón nin nada

todos van na prosesión.

 

Tres veces polo camino

a prosesión ten parada

onde a xente adora ó Corpus

namentras un coro canta.

 

A primeira é a de Ríos

na súa casa da Ribeira

logo a de Pasos na plasa

e doña Amalia a terseira.

 

Rematada a seremonia

estouran bombas no ceo

i o bombo faille compaña

co pom pom no coiro vello.

 

Sigue o ritmo do gaiteiro

a  marcha da prosesión

os rapases co seu tema

as campanas co seu son

e vai entrando na igrexa

o cortexo co El Señor

cheos os peitos de gozo

por manter a tradisión.

roslev