Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Marín acollerá a fase previa do Campionato de España Cadete Feminino de Fútbol Sala

Carriola. Redacción. 05.06.2026

julio@carriola.es

Marín converterase esta fin de semana nun dos grandes centros do fútbol sala base nacional coa celebración da fase previa do Campionato de España Cadete Feminino, unha competición que reunirá no pavillón de San Narciso aos equipos campións autonómicos de Galicia, Madrid, Navarra e Baleares. O torneo disputarase entre o venres e o domingo baixo a organización do Club Deportivo La Peña, co apoio do Concello de Marín e da Real Federación Galega de Fútbol.
 
O conxunto marinense do C.D. La Peña representará a Galicia tras proclamarse recentemente campión autonómico da categoría. A fase estaba prevista inicialmente para celebrarse en Ibiza, pero a Real Federación Española de Fútbol aprobou finalmente o seu traslado a Marín despois do acordo alcanzado polos clubs participantes e do respaldo organizativo ofrecido pola entidade local e polo Concello. Esta decisión permitirá simplificar a loxística do campionato e reducir os custos derivados dos desprazamentos.
 
 
A competición desenvolverase integramente no Pavillón de San Narciso, unha instalación estreitamente ligada á historia do fútbol sala marinense e que volverá ser escenario dun evento de relevancia estatal. A organización agarda unha importante afluencia de afeccionados ao longo das tres xornadas, cun impacto positivo tamén para a actividade económica e social da vila. A presentación oficial do campionato tivo lugar esta semana no Concello de Marín coa presenza do concelleiro de Deportes, representantes da Real Federación Galega de Fútbol e membros do Club Deportivo La Peña.
 
O calendario de encontros arrancará o venres co partido entre Baleares e Madrid ás 19.30 horas, seguido do enfrontamento entre Navarra e Galicia, representada polo C.D. La Peña, ás 21.30 horas. O sábado disputaranse os encontros Baleares-Navarra ás 11.00 horas e Madrid-Galicia ás 13.00 horas. A competición pecharase o domingo cos partidos Baleares-Galicia ás 10.00 horas e Madrid-Navarra ás 12.00 horas.
 
A entrada para todos os encontros será gratuíta ata completar o aforo do recinto, polo que se espera unha importante presenza de afeccionados durante toda a fin de semana para apoiar ás futuras promesas do fútbol sala feminino español.
roslev