Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Record de participación con 900 corredores inscritos na “Carreira Carmiña” que se correrá mañán de Lapamán ao Paseo Blanco

Carriola.Redacción.13.06.26

julio@carriola.es  
O domingo será a gran festa do running de Marín cunha proba de 10,6 km que une area, terra e asfalto por praias e carreteras, e ten a súa meta no espectacular Paseo Alcalde Blanco

Mar, deporte, bo tempo e case un milleiro de persoas. Eses son os ingredientes que marcarán un domingo espectacular en Marín. Mañçan, día  14 ño, a Carreira Carmiña volverá ser dos momentos deportivos máis especiais do ano, batendo récord de participación.

A alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Antonio Traba e Antonio Caíña, achegáronse ata as novas letras corpóreas de Marín xunto co organizar Víctor Riobó e o campeón olímpico e español Juan Carlos Higuero, convertido xa nun auténtico embaixador desta proba atlética, para falar dun evento que leva anos poñendo a Marín no mapa.

Dúas saídas con distinta distancia

A Carreira Carmiña terá dúas saídas, a principal desde a Praia de Lapamán, ás 10.00h, e a Mini Carmiña, de 5,4 km, desde o Náutico de Aguete ás 10.30 horas. Ambas terán o Paseo Alcalde Blanco como meta. Un percorrido cheo de natureza, paisaxe e esixencia e que servirá como gran escaparate dun Marín deportivo e turístico.

A alcaldesa recordou que “dada a altísima demanda que houbo este ano, vímonos case obrigados a aumentar inscricións e nós encantados, proque cremos nesta proba, nunha carreira diferente, nun momento no que o running está de moda e que pode ser a maridaxe perfecta entre deporte e desfrute do municipio”.

Probas para escolares

A maiores, a Carmiña tamén ten a súa variante para escolares, fomentando os hábitos saudables desde os máis pequenos e pequenas, ofrecendo categorías desde a Sub-10 ata a Sub-16. Neste caso, o circuíto terá saída e meta no propio Paseo Alcalde Blanco, a partir das 11.35 horas.

roslev