Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Deputación abre o plazo para axudas a escolas de musica e para Asociacións de veciños e mulleres rurais

 Carriola.Redacción.18.06.26

 A Deputación de Pontevedra acaba de abrir para solicitar as axudas ás escolas de música de asociacións sen ánimo de lucro, dotadas este ano de preto de 150.000 euros. As axudas aumentan este ano nun 20% o seu crédito respecto a 2025 e acumulan unha suba do 60% durante o actual mandato, co fin de axudar a que estas entidades manteñan con vida as escolas de música no conxunto do territorio. A apertura do prazo de solicitude prodúcese trala publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e permanecerá ata o próximo 30 de setembro.

As axudas permitirán financiar gastos de persoal e de material de oficina, subministracións, a reparación e conservación dos seus locais, a reparación de instrumentos, as primas de seguros, servizos de asesoría ou xestoría e tamén gastos de prevención de riscos ou recoñecemento médico. As subvencións outorgaranse en réxime de concorrencia competitiva e teranse en conta criterios como o número de alumnos, o número de docentes, o orzamento de gastos da escola ou as especialidades impartidas.

Trátase dunha liña que reforza a colaboración do tecido asociativo da provincia e que resulta fundamental para manter con vida as escolas de música no conxunto do territorio. As axudas ás escolas de música dependentes de asociacións sen ánimo de lucro contribúen á promoción do labor das escolas na difusión e na valorización do patrimonio cultural inmaterial da provincia e de Galicia, un eido no que a infancia e a xuventude ocupan un lugar relevante.

Actividades de Asociacións de veciños e de mulleres rurais

Por outra banda,  a Deputación de Pontevedra acaba de abrir o prazo para que as asociacións de veciños e de mulleres rurais soliciten os recursos da súa nova liña de axudas que lles permitirá adquirir bens para organizar actividades e prestar diferentes tipos de servizos cun total de 200.000 euros. As bases das axudas xa están dispoñibles no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, e coa publicación ábrese un prazo de solicitude que permanecerá aberto ata o próximo 30 de novembro.

Os bens ou servizos financiados deberán estar relacionados con obradoiros ou accións formativas que promovan a aprendizaxe práctica e a adquisición de coñecementos de interese social e comunitario. Tamén con actividades de promoción da saúde ou do benestar nas que se fomenten hábitos de vida saudables e o benestar físico e emocional, así como cursos de primeiros auxilios e riscos domésticos, actuacións de sensibilización ou dinamización comunitaria en materia de igualdade, medio ambiente, participación cidadá ou memoria colectiva, e por último con actividades interxeracionais. Todas deberán ser abertas á participación da veciñanza, desenvolverse na provincia durante este ano e ter carácter social, participativo, cultural ou de dinamización comunitaria.

A convocatoria estrutúrase en dúas liñas de financiamento. A primeira estará destinada á adquisición de bens funxibles e material necesario para o desenvolvemento das actividades, mentres que a segunda permitirá financiar servizos externos vinculados á organización e execución dos eventos, como honorarios de profesionais, servizos técnicos ou alugueiro de espazos e equipamento. O importe máximo das axudas será de 1.000 euros por solicitude.

O obxectivo desta convocatoria é garantir infraestruturas e recursos adecuados para os organizadores destas actividades, de modo que poidan levar a cabo iniciativas que favorezan a cohesión social, a mellora da calidade de vida, a participación cidadá e o crecemento sostible das comunidades. As actividades e actuacións desenvolvidas polas asociacións de veciños e de mulleres rurais constitúen un instrumento esencial para fomentar a participación cidadá, fortalecer o tecido asociativo local e mellorar a convivencia e a calidade de vida da veciñanza.

roslev