Carriola.Redacción.19.06.26
El Concello ha hecho público el programa musical que llenarà Marín de ritmo durante la época veraniega incluyendo las fiestas del Carmen, la Corsaria y otros muchos actos que cada fin de semana, prácticamente, animaràn la población como es habitual cada verano
Los nombres de José de Rico, Kike Varela DJ, Lérica, Panorama, París de Noia, De Ninghures, Ortiga e LG1DO son el avance de un programa en el que, por lo que se ve habrà “de todo”para cubrir muchas fechas del tiempo estival con música y animación para el disfrute de locales y visitantes

Desde el departamento de fiestas municipal se emitió ayere la siguiente nota de prensa en la que se indican pormenorizadamente, los detalles de la programación que se verà completada con otras actividades más o menos tradicionales que llenaràn la practica totalidad de los fines de semana. Y así reza la informacióin muncipal:
Marín Dance Festival a ritmo de “Rayos de sol” e “Micaela”
José de Rico e Kike Varela DJ serán os nomes cabeceira do Marín Dance Festival, o festival de música disco e electrónica que acollerá o Parque Eguren o 10 de xullo e que aínda ten máis artistas por confirmar.

José de Rico, recoñecido DJ, compositor e productor musical español é unha das figuras clave na escena do electro latino, o mambo e a música urbana en España, con éxitos multiplatinos como “Rayos de sol” e “Noche de estrellas”.

O selo local galego poráo Kike Varela DJ, que desde a súa versión de “Muiñeira de Chantada” e o seu “Meigallo” non para de colleitar éxitos a nivel internacional . Con “Micaela” conseguiu a 2º posición no Top 100 Virais de Spotify.
Sete noites de orquestras co mellor do “panorama”
As Festas do Carme, das que nas próximas semanas se lanzará o cartel e a programación completa con todas as actividades, estarán amenizadas polas mellores orquestras do momento desde o escenario da Praza de España.
Arizona, o sábado 11 de xullo; Panorama, o domingo 12; Olympus, o luns 13; París de Noia, o martes 14; Marbella, o mércores 15; Player`s, o xoves 16 e Triunfo, o venres 17 nas Festas de Seixo.
O programa Orballo Cultural chega a Marín para a Festa Corsaria
A mellor música en directo de Galicia chegará á programación da Festa Corsaria a través do programa autonómico Orballo Cultural cun dobre concerto o 14 de agosto de

De Ninghures e Ortiga, que quentará os motores para o gran día desta festividade corsaria, que será o 15 e estará chea de mesas, actividades e espectáculos. Convertida nunha das bandas referentes da escena actual de Galicia, De Ninghures levanta o baile, a emoción e a diversión entre un público entregado ao seu disco “Feira”, dándolle unha volta á tradición marcada polas súas referencias musicais, como Berrogüeto ou Milladoiro, e por toda a cultura dos 90.

Ortiga é o incontestable rei da verbena electrolatina galega, que despois de viaxar por todas as festas habidas e por haber en Galicia, agora faino acompañado dunha banda de luxo e un disco, “Obra social”, cheo de ritmo.
A gran revelación da escena galega estará en Marín: LG1DO
Nun auténtico fenómeno meteórico, o artista

lg1do é aclamado polo público mozo como unha das grandes revolucións da escena actual. Con colaboracións como a que ten co vigués Guzmen ou co músico 9Louro, o santiagués estará en Marín para pechar un verán de infarto.
Será o 28 de agosto no marco da celebración do Mambo Festival, do que aínda hai máis artistas por confirmar.
Música para todos e todas e aínda moito por contar
Desde o Goberno local aseguran que esta programación musical busca cubrir os gustos de todo tipo de públicos e idades, tratando de traer calidade á vila e artistas que están nun momento de auxe.
A medida que pasen as semanas, seguirase desgranando o resto da programación cultural e de diversas actividades de cada un dos ciclos que marcan o verán en Marín, así como o cartel do Carme, que de novo estará realizado por un ilustrador galego. rnada de buen recuerdo para todos ellos.