Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O Auditorio de Marín acolle hoxe a representación da obra teatral “Tartufo” e mañán o musical “Sobremesa”

 Carriola.Redacción.20.06.26

Seguindo coa programación  inicial do novo Auditoio de Marín hoxe iníciase un miniciclo de eatro composto por dúas representacións ben diferentes pero de gran interés en ambos casos. “Tartufo” serà a obra representada hoxe e “Sobremesa” o teatro musical da xornada de mañán domingo

As Aulas de Teatro da Iniversidade de Vigo, Teatro de Ningures presnetan hoxe no auditorio de Marín a obra “Tartufo” de Moliere, unha das comedias máis representativas de Molière, na que o autor francés desata unha crítica furibunda da hipocrisía da sociedade da súa época. Tartufo, habilmente disfrazado de honradez e virtude, utiliza a aparencia externa da piedade para introducirse nun apracible fogar burgués e gañarse a confianza do beato cabeza de familia Orgón. Baixo a súa máscara virtuosa, Tartufo maquinará para colmar a súa ambición, envolvendo toda a familia nunha trama de enredos e enganos.

A Aula de teatro da Uv representou xa esta obra no Pazo de Cultura de Pontevedra(dento da MITEU 2026); no  Auditorio da UVI (Vigo); No Liceo de Ourense; no Teatro Juan dell Enzina (Salamanca)e No Auditorio X. Manuel Pazos (Cangas do Morrazo) e chega agora a Marín para inaugurar no eido teatral o noso auditorio.

A ficha técnica da representación desta tarde/noite é:

  • Autor: Jean-Baptiste Poquelín «Molière»
  • Tradución: Henrique Harguindey Banet
  • Elenco: Carol Rufián García, Celeste Cortés Davila, Fernando Huelin Trillo, Fons De Groot Schipper, Francisco Pernas Lorenzo, Jesús A. Gutiérrez Santiago, Joan Manel García, Mabel Fernández Comesaña, Mayka Freire Dapena, Ramón Pastoriza Fariña, Suso Riveiro Bello, Xaime Reboiras.
  • Vestiario: Sonia Rúa
  • Imaxe: Diego Seixo
  • Música: Pablo Costas
  • Codirección: Omar Ferrín

Iluminación e Dirección: Salvador Del Río 

MAÑÁN SEGUNDA OBRA DO CICLO: “SOBREMESA”

E mañçan domingo, o auditorio acollerá á compañía de “Teatro das Maniotas” de Brión a obra “Sobremesa”, un musical composto e codirixido íntegramente po la profesora marinense Loli Santos, docente do Instituto de Brión e Ariadna Álvarez.

Pero desta segunda representación teremos tempo a comentar mañan domingo.

roslev