Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O BNG reclama solucións para dotar de sombra á zona de xogos do paseo Alcalde Blanco

 Carriola.Tino Iglesias (*) .21.06.26

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) volveu solicitar a instalación de elementos de sombra na zona de xogos do Espazo Alcalde Blanco, atendendo a unha demanda reiterada da veciñanza. A formación nacionalista lembra que este espazo conta cun grande potencial para o desfrute das crianzas durante o verán, mais carece de áreas acondicionadas que as protexan das altas temperaturas, unha situación que pode supoñer un risco para a saúde pública.

Tino Iglesias

Esta problemática xa foi trasladada polo BNG no ano 2023. No Pleno da Corporación municipal celebrado o 13 de xullo dese ano, a concelleira nacionalista Celia García reclamou a instalación dalgún sistema que proporcionase sombra ás familias usuarias da zona. Naquel momento, García xa advertía de que “esta circunstancia é un detalle evidente que xa debera estar previsto no proxecto de instalación da zona de xogos acuáticos”.

Máis de dous anos despois, o BNG volveu levar esta cuestión ás institucións municipais, no pasado pleno celebrado o 18 de xuño. A resposta do Goberno local do Partido Popular (PP) foi que xa se realizaran xestións e solicitudes a varias empresas para instalar algún elemento de sombra, aínda que recoñecendo ao mesmo tempo que dificilmente estará dispoñible para este verán.

Consideramos unha falta de respecto que, tras máis de dous anos de reclamacións públicas e propostas concretas, o PP continúe sen ofrecer unha solución efectiva para unha necesidade básica nun espazo destinado ao lecer infantil durante os meses de maior calor.

Preguntámonos se o Goberno local vive nun estado de amnesia que lle impide lembrar as demandas que leva anos realizando a veciñanza e trasladando o BNG ou se, pola contra, considera que a cidadanía non merece explicacións serias sobre unha problemática evidente e reiteradamente denunciada.

A instalación de zonas de sombra debe ser unha actuación prioritaria para garantir un uso seguro e confortable deste espazo público.

(*) Tino Garcia Iglesias é Concelleiro do Grupo Municipal do BNG.

roslev