Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

“Marín de Cine” abre a inscrición para o campamento “PEQUE CINE” que será este mes entre os días 7 e 23

Carriola.MdC.03.07.26

A Asociación Marín de Cine pon en marcha unha nova actividade con PEQUE CINE, o seu campamento audiovisual de verán dirixido a nenas e nenos de entre 8 e 12 anos, unha proposta educativa que combina creatividade, cinema e aprendizaxe a través de obradoiros prácticos adaptados ao público infantil. 

A iniciativa desenvolverase no local do Ateneo Santa Cecilia, mentres que as proxeccións abertas ao público terán lugar no Multiusos do Mercado Municipal de Marín.

Programa da actividade con algúns cambios de datas

O programa celebrarase os martes e mércores do mes de xullo, en horario de 09:30 a 13:30 horas, cun máximo de vinte participantes. As sesións terán lugar os días 7, 9, 14, 15, 21 e 23 de xullo, incorporando dúas modificacións respecto ao calendario inicialmente previsto.

A primeira delas afecta á sesión programada para o xoves 16 de xullo, que se adianta finalmente ao mércores 15 de xullo, pola inicial coincidencia coa celebración do Día do Carme, unha das festividades máis importantes do calendario marinense. Deste xeito, facilítase a participación das familias nas celebracións locais sen alterar o desenvolvemento do campamento.

Así mesmo, a primeira das proxeccións nocturnas abertas ao público, prevista inicialmente para o 9 de xullo, trasládase ao 21 de xullo ás 21:00 horas. A segunda manterase o 23 de xullo ás 21:00 horas. Ambas as dúas sesións celebraranse no Multiusos de Marín, grazas á colaboración do Concello de Marín, que cede este espazo para acoller estas actividades abertas á cidadanía.

Contido do campamento

 Durante as seis xornadas do campamento, os participantes descubrirán os fundamentos da linguaxe audiovisual mediante actividades como a creación de pequenas historias, iniciación á gravación, obradoiros de stop motion con plastilina, sombras chinesas, creación colectiva de pezas audiovisuais e encontros con profesionais do sector. O programa concluirá cunha mostra pública dos traballos realizados polo alumnado.

A actividade está organizada por Marín de Cine e conta coa colaboración e apoio do Ateneo Santa Cecilia, que acollerá o desenvolvemento diario dos obradoiros.

PEQUE CINE nace coa vocación de ofrecer un espazo onde a infancia poida desenvolver a súa imaxinación, aprender a

traballar en equipo e iniciarse na linguaxe audiovisual dun xeito lúdico e participativo. Este tipo de experiencias contribúen a potenciar habilidades como a comunicación, a creatividade, a resolución de problemas, a expresión artística e o pensamento crítico, favorecendo ademais a socialización e o uso responsable das ferramentas audiovisuais desde idades temperás.

Prezo de inscrición 30€ / semana

Email: marindecine@gmail.com / Tlf: 669 83 72 79

roslev