Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

O pregón das festas do Carme será dito por los representantes do Marín C.F. en premio polo ascenso conseguido

Carriola.Concello.03.07.26

A alcaldesa, María Ramallo, recibiu onte á plantilla do equipo e á directiva que logrou nesta tempada conseguir o ascenso a Preferente. Por ese logro, serán os encargados de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Carme

De novo, en Preferente. Ese logro, tan buscado polo Marín Club de Fútbol, será o gran motivo que os leve a ser os pregoeiros das Festas do Carme 2026. Así o anunciou a alcaldesa, María Ramallo, na recepción que se realizou ao equipo onte no Salón de Plenos do Concello. O conxunto marinense logrou no final da tempada acadar un ascenso polo que loitaron ata o final, chegando a uns penaltis de infarto que mantiveron a todo o graderío marinense en vilo. A partir do pitido final, todo foi festa no Estadio de San Pedro, tal e como será a partir de agora coas merecidas homenaxes a un equipo que devolve a ilusión á afición local.

Venres na alameda

Por iso, desde o Concello propuxéronlles ser os encargados de dar o pistoletazo de saída ás Festas do Carme, coa lectura do pregón o venres, 10 de xullo, ás 21.30 horas na Alameda.

roslev