A actual mostra Voilá la Femme remata o próximo venres despois de ser moi visitada desde a súa inauguración
Carriola.Redacción.12.06.21
O Ateneo Santa Cecilia anuncia o seu programa das próximas exposición para antes das vacacións veraniegas. Así, desde o día 22 ao 3 de xuño poderase visitar a mostra dos alumnos de pintura das clases do propio Ateneo que mostrarán os seus traballos que refrexan o aproveitamento desta actividade na veterana asociación cultural.
O curso rematará coa última mostra retrospectiva da estancia en Marín durante trinta anos do profesor do Instituto Chan do Monte Juano Pastor, exposición que recolle imaxes de personaxes, costumes e tradición que o pintor foi recollendo e refrexando nos seus traballos. Empezará a mostra o día 5 e rematará o 15 de xullo.
Voilá la Femme
Por outra banda desde o Ateneo recordan que a exposición de artistas feminas “Voilá la Femme” segue aberta e pódese visitar aínda ata o próximo día 18 deste mes. É una mostra moi visitada e desde o Ateneo invítase a que os bos aficionados ao arte o fagan nesta próxima semana nas horas de apertura do local.