Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

CARRIOLA DA OPINIÓN: Sobre o transporte público

Carriola.BNG.14.07.26.

julio@carriola.es.

O BNG lamenta que o PP rexeite mellorar o transporte público

 

Davinia Lojo (*)

O Bloque Nacionalista Galego (BNG) lamenta que o Partido Popular (PP) votase en contra da moción presentada no pleno celebrado o pasado 8 de xullo para reclamar á Xunta de Galicia a mellora do transporte público no Morrazo. Consideramos especialmente preocupante que o equipo de goberno local xustificase o seu voto asegurando que as conexións actuais funcionan correctamente e que non existe un problema real co servizo.

Esta posición evidencia un profundo descoñecemento da realidade que afrontan diariamente as persoas usuarias. Estudantes, persoas traballadoras, persoas maiores, persoas con diversidade funcional e a veciñanza das parroquias e do rural son quen máis sofre as consecuencias dun servizo insuficiente, marcado pola falta de frecuencias, as dificultades para desprazarse entre concellos e parroquias, os incumprimentos horarios e a escaseza de conexións cos principais centros educativos, sanitarios e laborais.

A moción defendida polo BNG recollía un conxunto de propostas para mellorar a mobilidade na comarca, entre elas a creación dunha verdadeira rede de autobús comarcal, a recuperación do servizo nocturno, o reforzo das conexións con Vigo e Pontevedra, a mellora do transporte escolar e universitario, a adaptación das paradas e o cumprimento da Lei de Accesibilidade en toda a frota.

Estas demandas son coherentes co propio Plan de Transporte Público de Galicia aprobado pola Xunta, polo que considera incomprensible que o PP se negase mesmo a reclamar o cumprimento duns compromisos xa asumidos polo Goberno galego.

O máis preocupante non é só que votasen en contra da moción, senón que pretendan transmitir que non existe ningún problema. Iso supón ignorar as reclamacións que a veciñanza leva facendo durante anos e dar as costas ás necesidades reais da comarca.

Para o BNG, negar a realidade non resolverá as carencias existentes. Mentres o PP asegura que todo funciona ben, hai persoas que seguen tendo dificultades para chegar ao seu posto de traballo, ao instituto, á universidade ou ao hospital sen depender do coche privado. O transporte público debe ser un servizo útil, accesible e adaptado ás necesidades da veciñanza.

(*) Davinia Lojo Amoedo, Concelleira do BNG.

roslev