Carriola.EdM.21.07.26
Xa se coñece á gañadora da campaña “Festas con Estrela”, acción de dinamización que se puxo en marcha do 13 ao 18 deste mes, a través da cal os clientes, podían rexistrar na web “Comercio de Marín” os seus tickets de compra, optando deste xeito a gañar a tarxeta regalo que se sorteaba.
A gañadora foi Verónica Ucha Carmuega, por unha compra efectuada en Espazo Lector Nobel. Verónica, xa dispón dpremio na súa tarxeta de fidelización de “Comercio de Marín”, que neste caso deberá gastar no citado establecemento.
Próxima campaña
Nesta edición, mobilizáronse 2.484,00€ e a campaña contou co confinanciamento da Xunta de Galicia. A seguinte acción de dinamización comercial, será unha nova edición do “Stock Marín”, que se levará a cabo do 31 de xullo ao 2 de agosto.