Carriola.Redacción.21.07.26
Do 31 de xullo ao 2 de agosto, é dicir, na última fin de semana desta mes, os comerciantes de Marín exibirán un ano máis os seus artigos de oportunidades no “Stock Marín” que cumple neste ano a súa novena edición. Concello e Estrela de Marín organizan o evento empezando polo sorteo das prazas dispoñibles na alameda
A Concelleira de Turismo e Comercio, Dª Cristina Acuña e o Director Xerente do Centro Comercial Aberto Estrela de Marín, D. Yonathan Carreira, realizaron onte no Concello, o sorteo da distribución dos espazos da IX Edición de “Stock Marín” montaxe que, nesta edición, farase aproveitando todo o largo da Alameda, instalándose 22 carpas individuais: 17 de 5*5m e 5 de 3*3m.
Precios reducidos e descontos
Os establecementos participantes, segundo indican desde a organziación “ofrecerán a uns prezos interesantes (descontosdesde o 50%) productos relacionados cos seguintes sectores: moda home – muller, moda infantil, lencería, complementos do fogar, calzado, calzado infantil, deportes, bisutería, papelería, material escolar e xoguetería., coa finalidade de premiar as compras que se efectúen durante o evento que se desenrolará con acceso gratuito e no horario de 11 a 14.00 e de 18 a 22 horas, con peche do mesmo ás 21 horas do domingo día 2.
Sorteo presencial
Importante ter en conta que, o domingo, ás 19.30h da tarde, realizarase un sorteo presencial de 700€ en tarxetas regalo. Desde xeito a persoa gañadora disporá de 14 vales de 50€, para canxear nos stands participantes nesta promoción. O gasto efectuarase durante a feira de stocks, tendo en conta que, dos vales compra non se devolverá cambio.
As persoas que precien unha maior información ao respecto poden consultar en https://www.estrelademarin.gal/sorteo-stock-marin-agosto-26/
Bolsas reutilizables e cucuruchos de palomitas para os compradores
Tamén haberá un reparto de bolsas reutilizables da campaña “Comercio Compensa”, inciativa da Xunta de Galicia que promove un consumo responsable, sostible e deproximidade. A entrega das bolsas, farase previa presentación dun xustificante de compra, de mínimo 10€ e ata fin de existencias.
Ademais o sábado en horario de 19 a 2 e dentro das múltiples actividades que se levan a cabo, a través do club de fidelización “Comercio de Marín”, repartiranse cucuruchos de palomitas previa presentación de xustificante de compra.
Agradecementos
Desde Estrela de Marín expresan o agrqdecemento “Á predisposición do Concello, a colaborar con esta IX Edición de Stock Marín, xa que asume parte dos custos da montaxe e dos custosdo control e vixianza nocturna do evento así como a cofinanciació nda Xunta de Galicia para a celebración deste noveno “Stock Marín”