Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

Cine, canto, deporte e tradición actividades promocionadas polo concello para as próximas datas

Carriola.CdM.20.07.26 

 O Concello de Marín manen a actividades de caràcter cultural, deportiva e lúdica centrando a programación máis ninha listaxe de eventos de caracter cultural deportivo e lúdico poñendo como epicentro desta actividade a celebración do Día de Galicia  que terá lugar este próximo sábado.

O Concello de Marín continúa ofrecendo unha ampla programación de actividades para desfrutar dos últimos días de xullo, cunha axenda na que teñen cabida o cine, a música, as tradicións populares, o deporte e a sustentabilidade.

Onte martes e mañá xoves, 23 de xullo, celebraranse dúas sesións de Cine de Verán, organizadas por Marín de Cine, ás 21.00 horas no Multiusos da Praza de Abastos. A primeira delas, xa comentadas en Carriola días pasados,  estivo centrada en curtametraxes e o filme do xoves de animación: “Valentina”, de Chelo Lourido.

O venres 24 de xullo, a música será a protagonista coa actuación do Orfeón Pontis Veteris, que ofrecerá un concerto ás 21.00 horas no Auditorio de Marín.

O sábado 25 de xullo, coincidindo coa celebración do Día de Galicia, o municipio vivirá unha xornada especialmente intensa. A Alameda acollerá, entre as 10.30 e as 22.30 horas, a XXVII Romería Popular de Trompos Os Pés, unha cita xa consolidada no calendario festivo local. Ademais, ás 12.00 horas celebrarase o acto institucional do Día de Galicia.

Deporte en Loira e  carreira +10K Manuel Rosales

A programación deportiva tamén terá un papel destacado durante a xornada coa celebración do XXI Torneo Praia de Loira e da Carreira +10K Manuel Rosales, dúas citas que reunirán a numerosos participantes e afeccionados.

Finalmente, o domingo 26 de xullo, o Lago de Castiñeiras será escenario da EcoFeira do Lago, unha iniciativa que promove a sustentabilidade, o consumo responsable e a posta en valor da contorna natural. Contará con andainas, postos de artesanía e a animación da Batucada Axé Bahía.

Desde o Concello de Marín anímase á veciñanza e ás persoas que visiten o municipio durante estes días a participar nas distintas propostas, que contribúen a dinamizar a vida cultural, social e deportiva da vila durante a época estival.

roslev