Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

A Plataforma sanitaria Seixo-Marín recibe ao presidente da Xunta a o berro de “Metede a Rueda na lista de espera”

Carriola.Iria Aboi (*).11.08.26 

 A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo e de Marín, que agrupa a máis de 20 colectivos, informa que esta onte, un grupo de veciñas e veciños recibimos a Rueda, á Alcaldesa Ramallo e ao resto de autoridades para facer visibles os problemas da sanidade pública no verán, especialmente no noso concello, froito da incompetencia da Consellería do seu goberno na planificación de recursos e persoal, así como dos recortes e privatizacións da Xunta.

Aínda que nos pillou por sorpresa porque soubemos desta visita hoxe ás 8:30h pola radio, organizamos un grupo rápidamente para poder despregar unha pancarta e carteis ás 10:30h que era a hora prevista do acto e berrar “coa nosa saúde non se xoga”, “no verán tamén enfermamos” ou “o público é servizo o privado beneficio”.

Non pode ser que nun Centro de Saúde como o de Marín de 14 facultativ@s, estean suspendidas as consultas de tarde como mínimo ata o 1 de outubro, despois da falta de planificación da xerencia da que levamos advertindo dende comezos do verán. Non pode ser que Seixo siga cunha doutora de baixa sen substituír dende o 1 de xuño e coa outra médica ao límite, facéndose cargo de todo, e en ambos centros aumentando as listas de agarda para consulta ou receitas. Non é normal que siga habendo demoras en especialidades de primaria nas que poden contratar persoal como fisioterapia ou psicoloxía clínica. Non é normal que sigamos con camas nos hospitais pechadas e con agardas para especialistas de meses ou anos.... mentres temos o Conselleiro mentíndonos dicindo que a espera en primaria é de 6 días e a Rueda de paseo a poucos metros do Centro de Saúde de Marín. Isto é unha vergoña por iso estamos aquí.

É lamentable tamén a actitude do goberno local, da Alcaldesa Ramallo e de cinco concelleiros alí presentes, algún sorrindo de maneira provocadora, que pasaron tres veces por diante nosa coma se nada. Unha vez máis, perderon a oportunidade de poñerse do lado da veciñanza fronte os recortes do seu partido. Por non falar da actitude do xefe da policía autonómica de Pontevedra que actuou de xeito chulesco, ameazante e maleducado ante unha protesta que foi visible pero totalmente pacífica. Tratan a veciñanza coma delicuentes mentres na Xunta seguen descapitalizando a sanidade de todas e todos para beneficio das grandes compañías privadas.

Dende a Plataforma queremos agradecer a un grupo de medios que cando remataron de cubrir o acto oficial e de coller recursos gráficos da protesta se achegaron a recoller declaracións, non así a TVG que como televisión pública que tamén pagamos quen defendemos a sanidade, nin se achegou nin cubriu dende hai 5 anos ningunha das nosas protestas.

 

Por último, sinalamos que esta non vai ser a única acción neste verán, porque temos un goberno da Xunta insensible que sigue a traballar para beneficio da privada mentres a xente segue sufrindo listas de agarda evitables. Igual pensaban que ían poder sacar fotos tranquilos por Marín porque a nosa Plataforma marchaba de vacacións pero aquí seguimos, porque no verán tamén enfermamos e porque non imos calar ante o deterioro da sanidade de todas e todos.

(*) Iria Aboi é a portavoz da Plataforma Seixo/Marín

roslev