Lapetit
The current Bet365 opening offer for new customers is market-leading bet365 mobile app You can get a free bet right now when you open an account.

MAC MARÍN arranca mañá cunha xornada dedicada á industria audiovisual, ao talento emerxente e ao cinema feito en Marín

Carriola.Redacción.17.08.26 

A quinta edición do MAC MARÍN –Mostra do Audiovisual e Cinema de Marínarranca este martes 18 de agosto cunha xornada que converterá o Museo Manuel Torresnun punto de encontro para a industria audiovisual e os novos talentos.

A programaciónprofesional comezará ás 10:30 horas e terá como un dos seus principais protagonistas o Hub Audiovisual de Vigo, presentado por David Regades, delegado especial do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, entidade que este ano se incorpora como patrocinador oficial do festival. A mañá incluirá tamén a participación do Circuito Internacional de Webseries e do Independent Production Fund (IPF).

Pola tarde, o Ateneo Santa Cecilia acollerá desde as 17:00 horas a primeira sesión de webseries. A Selección Oficial do MAC MARÍN puntúa dentro do circuíto internacional de webseries ao que pertence o festival. A continuación chegará Cinema Xove, dedicado a obras realizadas por estudantes de cinema e audiovisual, coa presenza de varios dos seus directores e directoras. A organización anima especialmente o público marinense a achegarse ao Ateneo e descubrir estas novas voces.

A noite terá selo FEITO EN MARÍN no Auditorio Municipal. Ás 21:00 horas proxectarase Furancho Bota Viño, rodada integramente no Furancho Lois e presentada por

Elena Gallego e Mayka Brañaxunto a parte do equipo de produción e do elenco.

Despois chegará As Liñas Descontinuas, longametraxe de Anxos Fazáns rodada en boa parte en Seixo e, concretamente, na contorna de Aguete.

Todas as actividades e proxeccións da xornada serán gratuítas e de acceso libre ata completar aforo, agás a sesión nocturna, que terá un prezo de 5 euros para contribuír aos gastos de produción da Asociación Marín de Cine. As entradas poderán adquirirse na billeteira do Auditorio ata cinco minutos antes das 21:00 horas, así como de maneira anticipada a través de Enterticket ou na web www.mac-marin.com. Trátase dunha aportación simbólica dos asistentes como axuda á organización deo festival que ten un custes importantes e deste xeito colabórase con ela.

Incluído na Rede Rías Baixas Film Fest

MAC MARÍN estréase este ano dentro da rede provincial de festivais de cinema Rías Baixas Film Fest, baixo o paraugas da Deputación de Pontevedra.

roslev